Oín, Rois

parroquia civil do concello de Rois

Santa María de Oín é unha parroquia situada no sur do concello coruñés de Rois, na comarca do Sar. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 439 habitantes (209 homes e 230 mulleres), 38 máis ca en 1999. Ten oito entidades de poboación. É a parroquia máis pequena do municipio, con só 3,23 quilómetros cadrados de superficie, no lugar de Samil atópase a casa consistorial de Rois.

Oín
Igrexa de Santa María de Oín.
ConcelloRois[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas42°45′00″N 8°41′00″O / 42.75, -8.6833334
Área3,23 km²
Poboación423 hab. (2019)
Densidade130,96 hab./km²
Entidades de poboación8[1]
editar datos en Wikidata ]

Limita cos concellos de Padrón e Dodro, e coas parroquias de Seira e Rois.

Festividades

editar

As festividades desta parroquia son Santo Antón, o 13 de xuño, e A Nosa Señora, San Roque e o Santísimo, o 15, o 16 e o 17 de agosto.

Patrimonio

editar
  • Igrexa de Santa María, que ten na fachada dúas cruces relacionadas coas "santas misións", unha dos redentoristas de 1943, e outra dos capuchinos de 1957.
  • O pazo de Antequeira, de estilo barroco, que foi construído no século XVII, sobre un fogar do século XV, e no que podemos observar unha fonte barroca e tamén unha capela dedicada a San Xoán de Nepomuceno, que está abovedada e ten un relevo dun santo na súa fachada. Tamén ten un gran xardín con camelios, magnolios e hortensias. Na actualidade pertence á familia Rengifo.
  • Vestixios arqueolóxicos moi antigos, como torques de ouro que foron atopados nun monumento funerario prerromano da parroquia, ou un castro celta que nunca se escavou pero no que se poden observar os muros.
  • Varios cruceiros, un deles feito por un home da aldea de Samil.
  • Unha fonte natural e unha fonte que lle dá nome a unha familia, na aldea de Oín de abaixo; e unha fonte de 1960, que esta ao carón dun lavadoiro, e que foi un grande avance para a zona de Oín, Barro e Samil, que tiñan que ir lavar ao río de Seira, e despois deixar as pezas de roupa en toxos ou unhas árbores e recollelas ao día seguinte, e co lavadoiro, tiñan unha maneira máis práctica de lavar tanto roupa como la ou mantas.
  • Os restos dunha casa reitoral, na que o último cura deixou de vivir en 1963, pero máis tarde foi vivir alí unha familia.
  • O pombal, que está na mesma zona que o castro. O pombal ten unha historia vinculada: despois da guerra civil, os curas dos conventos foron obrigados a irse porque os saqueaban, e un foise para a casa reitoral da parroquia coas xoias do convento para conservalas ata que puidese volver ao a el. As persoas dos arredores eran sabedoras diso; entón, uns republicanos un día fóronlle roubar e deixaron o cura case morto, e os veciños que se decataron de que algo pasaba alí puxéronse nos arredores da casa e cando os ladróns saíron conseguiron escapar e a lenda di que se agocharon no pombal e que se atoparon restos das xoias alí.
  • Outra lenda que existía era a dunha muller que miraba pola ventá e vía os enterros e quen ía ao enterro antes de que pasara.

Galería de imaxes

editar

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Oín

editar
Lugares da parroquia de Oín no concello de Rois (A Coruña)

Antequeira | Ataúde | Barro | O Castro | A Eirexa | Oín | A Peruca | A Pontenova | Samil

Parroquias de Rois

editar
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Rois

Augasantas (San Vicente) | Buxán (San Xoán) | Costa (San Miguel) | Ermedelo (San Martiño) | Herbogo (San Pedro) | Leroño (Santa María) | Oín (Santa María) | Ribasar (Santa Mariña) | Rois (San Mamede) | Seira (San Lourenzo) | Sorribas (San Tomé) | Urdilde (Santa María)

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar