Abrir o menú principal

Francisco Sáinz Herrero

Francisco Sáinz Herrero, finado en Santiago de Compostela o 4 de febreiro de 1889[1], foi un militar e político galego.

Francisco Sáinz Herrero
Nacemento4 de febreiro de 1889
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Procedente dunha familia de comerciantes rioxanos da pedanía de Inestrillas, no concello de Aguilar del Río Alhama, onde probablemente naceu, foi capitán de infantaría. Un irmán seu, Julián, instalouse como comerciante en Santiago. Membro do Partido Conservador, foi elixido concelleiro de Santiago de Compostela en 1875, iniciando o seu mandato o 30 de marzo como Terceiro Tenente de Alcalde. Desde o 1 de outubro do mesmo ano foi Alcalde-presidente interino da cidade por ter sido elixido o Alcalde-propietario, Juan José Viñas Valduvieco, deputado a Cortes. Cesou o 1 de marzo de 1877, pasando a ser Primeiro Tenente de Alcalde na seguinte corporación. Porén, o novo alcalde, Joaquín Botana Míguez, deixou tamén o cargo polo que, novamente de xeito interino, tomou a alcaldía o 24 de outubro de 1878. Foi reelixido alcalde nas eleccións do 13 de maio de 1879, permanecendo no cargo até o 30 de xuño de 1881.

En xuño de 1876 recibiu a credencial de Comendador de número da Real e Americana Orde de Isabel a Católica por «ir á Corte comisionado para felicitar á S.M. o Rei en nome do pobo»[2].


Predecesor:
Juan José Viñas Balduvieco
  
Alcalde de Santiago
 
1875 - 1877
Sucesor:
Joaquín Botana Míguez
Predecesor:
Joaquín Botana Míguez
  
Alcalde de Santiago
 
1878 - 1881
Sucesor:
Felipe Gutiérrez de la Peña

NotasEditar

  1. Gaceta de Galicia, 5-2-1889, p. 2.
  2. "El Excmo. Sr. Ministro de Estado...". El Diario de Santiago (en castelán). 12-7-1876. p. 2.