José López Amarante
José López Amarante, nado en Santiago de Compostela en 1814 e finado na mesma cidade o 19 de setembro de 1884[1], foi un profesor e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1814 Santiago de Compostela, España |
Morte | 19 de setembro de 1884 (69/70 anos) |
Alcalde | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria editar
Fillo do comerciante chantadino José Alonso López e a ordense Antonia Viqueira. Catedrático de Historia na Facultade de Filosofía de Santiago de Compostela (1847-1850) e de Xeografía e Historia no Instituto de Santiago desde 1850 até o seu falecemento, foi tamén o seu primeiro Director (1847-1884). Desde o 22 de xuño de 1883 exerceu como rexedor independente do Concello de Santiago e Compostela, acadando interinamente a alcaldía o 1 de abril de 1884, cargo que desenvolveu até o seu pasamento.
Académico da Real Academia de la Historia, foi tamén vice-director da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago (sobre 1873) e director da Caixa de Aforros e Monte de Piedade de Santiago desde o 1 de febreiro de 1880
Casou con Concepción Mora Roca, da que tivo catro fillos.
Predecesor: Ramón Mosquera Montes |
alcalde de Santiago 1884 |
Sucesor: Gerardo Jeremías Devesa |
Notas editar
- ↑ Gaceta de Galicia, 20-9-1884, p. 1.