García I de León
García I de León, nado cara ao ano 871 e finado en Zamora o 19 de xaneiro de 914, foi o primeiro rei da Galicia altomedieval[1] que instalou a súa corte na cidade de León, gobernando entre os anos 910 e 914.
García I de León | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 870 |
Falecemento | 19 de marzo de 914 e 914 |
Lugar de falecemento | Zamora |
Soterrado | panteón real da catedral de Oviedo |
Nacionalidade | Reino de Galicia |
Relixión | catolicismo |
Ocupación | político |
Pai | Afonso III de Oviedo |
Nai | Ximena Garcés |
Cónxuxe | Nuna Muñoz |
Irmáns | Froila II e Ordoño II |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Foi o fillo primoxénito de Afonso III e de Ximena Garcés, filla do rei de Navarra. No ano 896 casou con Munia Donna (tamén citada como Mummadonna ou Mumma Donna), a filla do conde castelán Munio Muñoz. Co apoio do seu sogro, e da súa nai, a raíña, liderou unha sublevación para apartar do trono o seu pai Afonso. Fracasada a conspiración nun primeiro momento, foi feito prisioneiro. Porén, os seus partidarios conseguiron impoñerse forzando a abdicación do rei e a súa conseguinte coroación.[2]
A alta nobreza da Galiza medular opúxose a estas mudanzas. Nunha asemblea celebrada en Lugo no 7 de xuño de 910, escolleron como monarca ao seu irmán Ordoño II.[3] Ordoño estaba casado con Elvira Mendes, a filla do máis importante conde galego: Hermenexildo Goterres, antigo mordomo maior de Afonso III.
O terceiro irmán Fruela II, retivo o goberno de Oviedo e da franxa costeira cantábrica, se ben rendendo vasalaxe a Ordoño.[4]
García trasladou a capital galega[5] desde Oviedo até a cidade de León[6][7] de xeito definitivo. Con soberanía tan só na meseta leonesa, durante o seu período fortaleceu a parte oriental do reino repoblando Roa, Osma, Clunia e máis San Esteban de Gormaz.
En 914, durante unha campaña militar na Rioxa, recibiu diversas feridas a consecuencia das cales faleceu en Zamora o 19 de marzo.
Sen descendencia propia, Ordoño II ascendeu ao trono na capital leonesa.
NotasEditar
- ↑ López Carreira, Anselmo (2008). O reino medieval de Galicia. A Nosa Terra. p. 228.
Garcia fillo de Afonso, rei dos galegos (citando a Ibn Haián e al-Razí)
- ↑ Álvarez Álvarez, César. "García I". Real Academia de la Historia (en castelán). Consultado o 2022-10-08.
- ↑ Álvarez Álvarez, César. "Ordoño II". Real Academia de la Historia (en castelán). Consultado o 2022-10-05.
- ↑ López Carreira (2008). p.308
- ↑ Conde, Jose Antonio (1844). Historia de la dominación de los árabes en España. p. 406.
Medina Leionis capital de Galicia
- ↑ Risco, Manuel (1784). España Sagrada. p. 429.
in civitate quae vocatur Legio, territorio Gallecie
- ↑ Sáez, Emilio (1969). Colección documental del Archivo de la Catedral de león (775-1230):I (785-952). Centro de Estudios e Investigación "San Isidoro".
in Legione de Galletia
Véxase taménEditar
Ordoño II e Elvira Mendes. Uns reis galegos en loita contra Castela. |
Outros artigosEditar
BibliografíaEditar
- López Carreira, Anselmo (2008). O reino medieval de Galicia. A Nosa Terra. ISBN 978-84-8341-293-0.
- López Teixeira, Xosé Antonio (2010). A formación do Reino de Galiza. Trivium. Toxosoutos. ISBN 978-84-92792-76-4.
Reino de Galicia | ||
---|---|---|
Segue a: Afonso III |
García I de León | Precede a: Ordoño II |
Dinastía dos Ramírez (842-910) |