Lista de monarcas de Asturias
Esta lista enumera os reis que dende o século XIX son designados, principalmente pola historiografía española, como reis de Asturias. Porén, estes soberanos aparecen sempre sinalados na documentación histórica como reis de Galicia. De feito, os documentos non mencionan xamais a existencia dun reino asturiano[1], senón que neles aparecen continuadas mencións ao reino de Galicia.[2] Esta errónea substitución dos nomes dos reinos, perpetrada polos historiadores hispanos, xustificouse coas sinaturas dos diplomas emitidos pola corte rexia, ao faceren ver que formulas como "regnante in Asturias" implican a existencia dun reino do mesmo nome.[1][3]
Esta é polo tanto a listaxe dos soberanos do reino de Galicia con sede rexia en Asturias.
Nómina dos reis de Galicia con sede rexia en Asturias.
editarPrimeiros caudillos (711-767).
editarAs crónicas asturianas foron creadas no tempo do rei Afonso III para lexitimar a súa autoridade diante do resto dos nobres do territorio galego.[4] Os textos remontan a xenealoxía do rei até facela entroncar cos derradeiros reis visigodos. Esta lista de monarcas, de dubidosa credibilidade histórica, pasou ás crónicas musulmáns e é empregada hoxe como correcta, mais sen que a historiografía moderna acepte que os primeiros nobres tivesen unha autoridade real máis aló dos seus propios dominios patrimoniais.[5]
Imaxe | Nome | Período | |
---|---|---|---|
Paio | 711-737 | Personaxe mítico, de dubidosa existencia[6][7]. As crónicas musulmáns din que "se levantou nas terras de Galicia un asno salvaxe chamado Belay [Paio]", e que era "natural de Asturias, en Galicia"[8]. | |
Fávila | 737-739 | Suposto fillo de Paio. Morto loitando cun oso | |
Afonso I | 739-757 | Figura histórica de escasa credibilidade[9], aparece nos textos árabes como rei de Galicia.[10][11] | |
Froila I | 757-768 | Sucedeu como rei de Galicia ao seu pai Afonso I.[12] |
Reis usurpadores (768-791).
editarAs crónicas narran o asasinato de Froila I nunha revolta nobiliaria e a elección como rei do nobre Aurelio. Afonso II, fillo de Froila e soberano lexítimo, foi afastado do trono.
Imaxe | Nome | Período | |
---|---|---|---|
Aurelio | 768-774 | O "usurpador" Aurelio é tamén rei de Galicia nas crónicas musulmáns.[13] | |
Silo | 774-783 | Accedeu ao trono ao casar cunha filla de Afonso I. Aparece como rei de Galicia en textos árabes[14] e cristiáns[15]. | |
Mauregato | 783-788 | Acadou o trono á morte de Silo en disputa co mozo Afonso II. É rei de Galicia para a historiografía musulmán.[16] | |
Bermudo I | 788-791 | Irmán de Aurelio foi escollido polos nobres para suceder a Mauregato. Foi rei de Galicia[17][18][19] até a súa abdicación no ano 791 en favor de Afonso II. |
Reinado de Afonso II (791-842)
editarNa época de Afonso II o volume da documentación histórica aumenta considerabelmente. Baixo a influencia do imperio carolinxio, percíbese a configuración inicial dunha verdadeira monarquía.[20]
Imaxe | Nome | Período | |
---|---|---|---|
Afonso II | 791-842 | Criado en Samos, Afonso II exercerá o seu poder desde a corte ovetense. As fontes históricas recollen amplamente o súa titulación como rei de Galicia.[21][22][23][24][25][26], unha titulación que chega a outorgarse a si mesmo nun diploma do ano 832.[27]
Após a súa morte sen descendencia ocupou brevemente o trono o nobre Nepociano (842-843) |
Dinastía dos Ramírez (842-910)
editarRamiro I, fillo de Bermudo I, acadou a coroa despois de librar unha nova guerra de sucesoria.
Imaxe | Nome | Período | |
---|---|---|---|
Ramiro I | 843-850 | Coroado primeiramente en Lugo[28], arrebatou o trono a Nepociano. É sinalado como rei galego en textos cristiáns e musulmáns.[29][30] | |
Ordoño I | 850-866 | Foi rei de Galicia á morte do seu pai Ramiro I.[31][32] | |
Afonso III | 866-910 | Afonso "o magno"[33], foi o derradeiro rei de Galicia[34][35][36][37][38] residente en Asturias. Os seus sucesores trasladaron a corte á cidade galega de León[39][40][41][42], o que para a historiografía española supón, de xeito incoherente, o nacemento dun reino diferente, o reino de León.[43] |
- Esta listaxe prosegue coa Lista de reis de León.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Besga Marroquín, Armando (2011). "El problema del nombre (y de la naturaleza) del Reino de Asturias". Letras de Deusto (en castelán) 41 (130): 154.
el nombre "reino de Asturias" no aparece en la documentación de la época (..) la fórmula regnante in Asturias (..) sólo fue una forma de datar los documentos
- ↑ Besga Marroquín, Armando (2011). "El problema del nombre (y de la naturaleza) del Reino de Asturias". Letras de Deusto (en castelán) 41 (130): 169.
Si fuera por el número de apariciones en las fuentes, habría que concluir que Galicia fue el nombre del reino de Asturias
- ↑ "Xosé Antonio López Teixeira: “A liña oficial de investigación da USC fai historia de España desde Galicia”". BiosBardia. 2014-10-27. Arquivado dende o orixinal o 16 de xullo de 2021.
A gran confusión da que viviron os historiadores oficiais españois foi querer facer crer que cando un rei asinaba en León ou en Oviedo estaba a referirse a un nome do reino. Non, o reino era de Galicia. E así foi até o século XIII.
- ↑ López Carreira, Anselmo (2008). O reino medieval de Galicia. A Nosa Terra. p. 135-141.
- ↑ López Carreira, Anselmo (2008). O reino medieval de Galicia. A Nosa Terra. pp. 149–150.
- ↑ Murado, Miguel Anxo (2013). La invención del pasado: Verdad y ficción en la Historia de España. Debate. p. 38-44.
- ↑ Garcia Pérez, Guillermo (1994). "Covadonga, un mito nacionalista católico de origen griego" (PDF). El Basilisco (17): 81–94.
- ↑ Lafuente Alcántara, Emilio (ed.). Ajbar machmuâ (1867 ed.). p. 230.
- ↑ Escalona, Julio (2004). "La invención de Alfonso I de Asturias" (en castelán). Consultado o 2021-08-25.
- ↑ König, Daniel G. (2015). Arabic-Islamic Views of the Latin West (en inglés). Oxford University press. p. 310.
with the death of the 'Galician' ruler Alfonso I of Asturias (Adhfunsh, malik Jillīqiyya (Afonso, señor de Galicia)
- ↑ Ibn El-Atir. Fagnan, ed. Annales du maghreb & de l'espagne (en francés) (1897 ed.).
année 140 (24 mai 757) mourut, après un règne de dix-huit ans, Alfonse, roi de Galice
- ↑ Ibn El-Atir. Fagnan, ed. Annales du maghreb & de l'espagne (en francés) (1897 ed.).
Alfonse, roi de Galice ; il eut pour successeur son fils Firowilia (Froila I)
- ↑ Ibn El-Atir. Fagnan, ed. Annales du maghreb & de l'espagne (en francés) (1897 ed.).
mourut Ourâlî, roi de Galice, qui avait régné six ans, et qui eut pour successeur Chiyaloûn
- ↑ Ibn El-Atir. Fagnan, ed. Annales du maghreb & de l'espagne (en francés) (1897 ed.).
mourut Chîloûn (Silon), roi de Galice, que l'on remplaça par Alphonse
- ↑ Amoenitatum juris canonici semestria duo 1. p. 132.
Ovetum urbs Gallaeciae (..) fundata regnante Sylone, Rege Gallaeciae (doc. papal Honorio III)
- ↑ Ibn El-Atir. Fagnan, ed. Annales du maghreb & de l'espagne (en francés) (1897 ed.).
mourut Mauregat, roi de Galice en Espagne, qui eut pour successeur Bermond ben Kaloûria le prêtre
- ↑ Ibn El-Atir. Fagnan, ed. Annales du maghreb & de l'espagne (en francés) (1897 ed.).
Hichâm envoya aussi une armée commandée par Yoûsof ben Bokht en Galice, dont le roi Bermude le grand soutint une bataille acharnée
- ↑ Carriedo Tejedo, Manuel (2019). "Gallaecia y Galicia (1)" (PDF). Rudesindus (en castelán): 64. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 30 de setembro de 2020. Consultado o 27 de agosto de 2021.
(Bermudo) el rey de Yilliqiya abdicó y se hizo monje
- ↑ Crego Gómez, María. La fuente árabe de la historia del Emirato omeya de al-Andalus en la Historia Arabum de Jiménez de Rada.
mortuus est Ranimirus (I) filius veremudi rex gallecie (I) et filius eius Ordonius (I) successit in regno" "(Historiae Minores XXVII)
- ↑ López Carreira, Anselmo (2008). O reino medieval de Galicia. A Nosa Terra. p. 157.
- ↑ "Annales Regni Francorum". p. 798.
Hadefonsi Regis Galleciae et Asturiae
- ↑ Einhardi Vita Caroli Magni. p. 16.
Hadefonsum Galleciae atque Asturicae regem
- ↑ Usuardus (Sangermanensis). Usuardi Martyrologium: Praemittuntur Sancti Adonis opera, (1852 ed.).
Hadefons rex Galliciae et Austriae
- ↑ "Vita Hludovici (Annales ecclesiastici Francorum)". Consultado o 07/03/2018.
Adefonsi Galleciarum Principis
- ↑ "Patrologiae cursus completus: sive Bibliotheca universalis". Codex Augiensis.
Hadefuns Rex Gallaeciae
- ↑ Ximenez de Rada, Rodrigo. Historia Arabvum. Roderici Ximenii de Rada Opera omnia.
et plura bella exercuit cum rege Gallecie Aldefonso
- ↑ Masdeu, Juan Francisco (1804). Diploma de Ramiro I. p. 299.
Dei Adefonsus Rex Froilani Regis filius, postquam auxiliante Deo regni totius Galletiae
- ↑ Carriedo Tejedo, Manuel (2002). "La coronación de Ramiro I en Lugo (enero de 843)" (PDF). Lucensia (25): 346–348. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de decembro de 2020. Consultado o 30 de decembro de 2020.
- ↑ Crego Gómez, María. La fuente árabe de la historia del Emirato omeya de al-Andalus en la Historia Arabum de Jiménez de Rada.
mortuus est Ranimirus (I) filius veremudi rex gallecie (I) et filius eius Ordonius (I) successit in regno" "(Historiae Minores XXVII)
- ↑ Carballeira Debasa, Ana María (2007). Galicia y los gallegos en las fuentes árabes medievales. CSIC. p. 136.
Ramiro rei dos galegos (citando a Ibn Haián, Ibn Khaldun e al-Qalqashandi)
- ↑ Crego Gómez, María. La fuente árabe de la historia del Emirato omeya de al-Andalus en la Historia Arabum de Jiménez de Rada.
mortuus est Ranimirus (I) filius veremudi rex gallecie (I) et filius eius Ordonius (I) successit in regno" "(Historiae Minores XXVII)
- ↑ Carballeira Debasa, Ana María (2007). Galicia y los gallegos en las fuentes árabes medievales. CSIC. p. 139.
Ordoño I príncipe dos galegos". "Rei de Yilliqiya"
- ↑ Conde, Jose Antonio (1844). Historia de la dominación de los árabes en España (en castelán) 1. p. 330.
(Alfonso III el Magno) rey de Galicia
- ↑ Gómez-Moreno, Manuel (1917). Desglose de “iglesias mozárabes” (en castelán). Centro de Estudios Históricos. Junta para Ampliación de Estudios. pp. 105–140, en 107.
Adefonso hijo de Ordoño, rey de Galicia
- ↑ Flórez, Henrique (ed.). Crónica de Sampiro (España Sagrada. 1786 ed.).
Adefonso glorioso regi gallitiarum
- ↑ López Ferreiro, Antonio (1899). Historia de la Santa a.m. iglesia de Santiago de Compostela 2. p. 190.
Adefonso Regi Gallaeciarum
- ↑ Santos Coco, Francisco (ed.). Historia Silense (1921 ed.). p. 36.
Ordonium (II) insignem militern Aldefonsus Pater, Magnus et Gloriosus Rex vivens Galliciensium provinciae praefecerat
- ↑ González García, Alberto (2014). La proyección europea del Reino de Asturias: Política, Cultura y Economía (718-910) (PDF). p. 247.
Carolus rex princeps et Adefonsus rex Galliciarum, filius Ordinis regis, contemporanei fuerunt amicitiasque maximas, dum vixerunt, ad invicem habuerunt
- ↑ Conde, Jose Antonio (1844). Historia de la dominación de los árabes en España 1. p. 406.
Medina Leionis capital de Galicia
- ↑ Ibn Hawqal. Romani Suay, ed. Configuración do mundo (PDF) (1971 ed.). p. 63.
[…] frente as dúas cidades galegas de Zamora e León. León é a residencia do seu soberano.
- ↑ Risco, Manuel (ed.). España Sagrada. p. 429.
Ano 874: Diploma nº6. Colección Documental da Catedral de León: "in civitate quo uocitatur Legio, in territorio Gallecie / Na cidade chamada León, no territorio de Galicia
- ↑ Sáez, Emilio (ed.). Colección documental del Archivo de la Catedral de león (775-1230):I (785-952) (1969 ed.).
Ano 946. Diploma nº192. Colección Documental da Catedral de León: "in Legione de Galletia / en León de Galicia
- ↑ Murado, Miguel-Anxo (2013). Outra idea de Galicia. Debate. p. 61.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- López Carreira, Anselmo (2005). O reino medieval de Galicia. Edicións A Nosa Terra. ISBN 978-84-8341-293-0.
- Murado López, Miguel-Anxo (2008). Otra idea de Galicia. Debate. ISBN 84-8306-771-4. Publicado tamén en galego: Murado, Miguel-Anxo (2013). Outra idea de Galicia. Debate. ISBN 978-84-9992-346-8.
- López Teixeira, Xosé Antonio (2010). A formación do reino de Galiza (711-910). Editorial Toxosoutos. ISBN 978-84-9279-276-4.
- Besga Marroquín, Armando (2011). "El problema del nombre (y de la naturaleza) del Reino de Asturias". Letras de Deusto (Universidade de Deusto) 41 (130): 135–206.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- O reino de Galicia nos mapas medievais. YouTube
- Falsificaciones históricas: El reino de Asturias Arquivado 27 de agosto de 2021 en Wayback Machine.. Galiza Histórica Arquivado 21 de setembro de 2021 en Wayback Machine.
Listas de monarcas dos reinos cristiáns da Península Ibérica desde a Reconquista ata os nosos días | |||||||||
Portugal | España | ||||||||
Coroa de Castela | Navarra | Coroa de Aragón | |||||||
Galicia | Asturias | León | Castela | Aragón | Barcelona | Valencia | Mallorca |