San Esteban de Gormaz

Coordenadas: 41°34′24″N 3°12′18″O / 41.57333, -3.20500

San Esteban de Gormaz é un concello español da provincia de Soria (Castela e León). A súa poboación é de 3.223 (INE 2012) repartidos en máis de 20 localidades.

San Esteban de Gormaz
Igrexa de Nuestra Señora del Rivero.
Localización
PaísEspaña España
Com. AutónomaCastela e León
ProvinciaSoria
ComarcaSan Esteban de Gormaz
Xeografía
Altitude859 msnm
Superficie406,71 km²
Demografía
Poboación3.223 hab. (2012)
Densidade7,92 hab./km²
Xentiliciosanestebeño/a
Outros datos
Código postal42330
AlcaldeMillán Miguel Román (PP)
Páxina oficial
Igrexa románica de San Miguel

Foi declarada Conxunto Histórico-Artístico. Debido ao influxo romano, conserva nos muros restos de epigrafía romana, funeraria e relixiosa e restos medievais de igrexas e fortificacións. Foi repoboada en 912, en 917 o rei de Galiza Ordoño II venceu unha incursión árabe nesta localidade. Foi considerada unha das portas de Castela e durante o século X, un campo de batalla pola súa importancia estratéxica na liña defensiva do río Douro.

Os monumentos Editar

San Esteban ten dous edificios de Ben de Interese Cultural:

  • A Igrexa Románica de San Miguel. Foi construída en 1081. É a primeira que a converte na primeira igrexa románica portificada da provincia e unha das primeiras de Castela e León.
  • A Igrexa de Nosa Señora do Rivero tamén é románica, do século XII. É o templo de maior devoción na Vila, onde está a Virxe do Rivero.

A Plaza Mayor da vila ten forma cadrada e está formada por un conxunto de edificacións portificadas.

Na fachada occidental está o concello. O inmoble foi levantado a imitación doutro que ocupou o mesmo lugar dende 1629 a 1966, ano no que foi substituído.

En 1994 a duquesa de Alba (condesa de San Esteban) inaugurou o actual concello.

Véxase tamén Editar

Ligazóns externas Editar


 
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.