Fuentearmegil é un concello español da provincia de Soria. A súa poboación é de 219 habitantes (INE 2012) e ocupa unha superficie de 60,54 km².

Modelo:Xeografía políticaFuentearmegil
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 41°42′52″N 3°10′58″O / 41.714444444444, -3.1827777777778
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCastela e León
Provinciaprovincia de Soria Editar o valor en Wikidata
CapitalFuentearmegil (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación153 (2023) Editar o valor en Wikidata (2,55 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie60 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude986 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Q126367855 Traducir Editar o valor en WikidataManuel Gomez Encabo (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal42141 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE42085 Editar o valor en Wikidata

Sitio webfuentearmegil.es Editar o valor en Wikidata

Está situada ao oeste da provincia. Fuentearmegil é a cabeza de municipio e o seu termo está formado por Fuencaliente del Burgo, Santervás e Zayuelas.

Polo termo desta vila discorren os ríos Cejos e Perales, afluentes do Douro pola súa marxe dereita.

Historia

editar

Fuentearmegil sufriu avatares coa intervención directa dos nobres. Urraca de Avellaneda fundou un mosteiro no seu agregado Fuencaliente del Burgo.

Séculos máis tarde, as localidades que agora forman o termo pasaron a mans do conde de Adanero e marqués de Castro Serna, ao parecer de forma fraudulenta, xa que o seu administrador rexistrou terras, casas e ata edificios relixiosos a nome do conde, a finais do século XIX; hai que dicir que cando esta anotación se levou a cabo na notaría do Burgo en 1886, os colonos tomaron cartas no asunto denuciando o feito. En 1924, logo de formar un sindicato, os veciños compraron aos nobres todas as terras e as súas casas.

A igrexa parroquial está dedicada a Santo André e pódense ver restos de arquitectura árabe e románica. Na praza da igrexa e á fronte colocaron a picota ou rolo, símbolo da vila e de poder xurisdicional; ao redor dela poden verse enroladas unhas longas cadeas.

Existe unha ermida, dedicada a San Roque, e outra no despoboado de San Juan de Cañicera, dedicada a San Xoán Bautista; este despoboado reparte a súa terra entre Fuentearmegil, Guijosa e Alcubilla de Avellaneda.

Durante as festas principais, en honor de Santa Isabel, todas as casas aparecen enramadas, costume que se conserva e que dá ao pobo un aspecto florido e radiante durante as súas festas.

Un bo chopo, recto e alto, serve para pingar o maio, a noite do último día de abril e o primeiro de maio.

Núcleos de poboación

editar
  • Fuencaliente del Burgo
  • Fuentearmegil
  • Santervás del Burgo
  • Zayuelas

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar