Berenguel de Landoria

Bérenger de Landorre, coñecido como Berenguel de Landoria ou de Landoira, nado no sur de Francia[1] en 1262 e finado en 1330, foi un relixioso francés, arcebispo de Santiago de Compostela entre 1317 e a súa morte.

Bérenger de Landore
Arcebispo da Igrexa Católica Latina
Biografía
Nacemento1262 en Francia
Pasamento1330
Ordes
Orde relixiosaOrde dos Predicadores (dominicanos)
Arcebispo de Santiago de Compostela
1317 - 1330
PredecesorRodrigo de Padrón
SucesorXoán II Fernández de Lima
Cargos anterioresMestre Xeral da Orde de Predicadores

Foi un dos protagonistas dunha época convulsa da Igrexa, durante a súa sede en Aviñón e tamén en Compostela. Unha das torres da catedral de Santiago, leva o seu nome xa que foi quen a mandou construír.

TraxectoriaEditar

 
Torre da Berenguela, que foi mandada construír por Berenguel de Landoria e logo reformada nunha espléndida mostra do barroco compostelán por Domingo de Andrade, tamén coñecida como Torre do Reloxo.

Segundo fillo dos condes de Rodez, criouse nunha das cortes máis importantes da época, que cultivaba con grande éxito a poesía trobadoresca e demais artes. Ao imporse o morgado, viuse obrigado a pórse ao servizo da igrexa. Berenguel ascendeu rápido polas entrañas da igrexa ata facerse íntimo amigo de Xoán XXII. Chegou a ser Mestre Xeral da orde dos pregadores, organizando as misións dos monxes peregrinos[2].iniciou a tendencia cara o tomismo na orde dominica[3] e loitou contra a liña de Durando de Saint-Pourçain[4]. Solicitou a Bernardo Gui que compuxese un substituto para a Lenda Dourada de Jacobus de Voragine.[5]

O 15 de xullo de 1317 foi nomeado arcebispo de Santiago de Compostela, aos 55 anos. Once meses despois emprendeu o camiño cara a Santiago para facerse cargo do seu posto. Tratou de entrar na burgo, catro veces das cales tres foron emboscadas. Este planeou as tácticas de ataque no seu castelo da localidade coruñesa de Padrón e Noia aliándose con outros nobres. Até 1322, non puido tomar posesión do cargo, pois existía un rival galego.[6] Residiu algún tempo en Noia, onde celebrou un sínodo. O seu triunfo foi cruento. Iniciou importantes traballos na Catedral de Santiago de Compostela, e trouxo varias reliquias.[7] Dedicóuselle unha torre da catedral compostelá, a Berenguela, utilizada primeiro como torre vixía e despois como campanario.


Predecesor:
Rodrigo de Padrón
 Arcebispo de Santiago 
13171330
Sucesor:
Xoán II Fernández de Lima
Predecesor:
Aymericus Giliani
 Mestre Xeral da Orde Dominica 
13121317
Sucesor:
Hervé de Nédellec

ObrasEditar

O seu Lumen animæ, seu liber moralitatum Magnarum rerum naturalium foi impreso en 1482 por Matthias Farinator.

NotasEditar

  1. [1][Ligazón morta], (en castelán)
  2. [2]: In 1312 the master general, Béranger de Landore, organized the missions of Asia into a special congregation of "Friars Pilgrims", with Franco of Perugia as vicar general. As a base of evangelization they had the convent of Pera (Constantinople), Capha, Trebizond, and Negropont. Thence they branched out into Armenia and Persia. Tamén: [3] Arquivado 10 de marzo de 2007 en Wayback Machine., [4] Arquivado 13 de agosto de 2007 en Wayback Machine..
  3. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 25 de xullo de 2008. Consultado o 03 de outubro de 2007. 
  4. PDF Arquivado 29 de setembro de 2007 en Wayback Machine., p.5, [5].
  5. PDF, note p.146.
  6. [6], [7], ambos en Francés.
  7. PDF (Italiano) Arquivado 29 de setembro de 2007 en Wayback Machine., p.3.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Hechos de Don Berenguel de Landoria, Arzobispo de Santiago: Introducción, Edición Critica y Traducción (1983) Manuel C. Díaz y Díaz, tradución ao castelán da crónica Gesta Berengarii de Landoria archiepiscopi Compostellani.

Outros artigosEditar