Froiz

empresa galega de distribución de alimentos

Distribuciones Froiz, S.A. é unha empresa galega adicada ao sector da distribución alimenticia. Ten máis de 300 tendas en España (Galicia, Castela e León, Castela-A Mancha e Madrid) e Portugal, zona norte.[1]

FROIZ
TipoDistribuidora
Fundación1968
MatrizFroiz Mapedis
LocalizaciónLourido, 15 Poio (Pontevedra) Galicia Galicia
FundadorMagín Alfredo Froiz
IndustriaDistribución
ProdutosAlimentación
Distribución
Beneficio632 millóns de euros (en 2017)
Número de empregados5.100
Na rede
http://www.froizalimentacion.com
Facebook: 158051157541336 Twitter: superfroiz Youtube: UCMGZRDYd_QJv5FuVS1hg5bQ Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

O fundador da empresa, Magín Alfredo Froiz, comezou a traballar nunha empresa construtora. Deixou o posto para traballar como autónomo na carnizaría dun pequeno supermercado na rúa Cobián Roffignac de Pontevedra.[2] Dous anos despois, canto contaba con 24 anos, fíxose cargo de todo o supermercado con 12 traballadores. En 1968 remodelou o local de 300 metros cadrados co nome de Supermercado Froiz. En 1979 abriu o segundo local. En 1990 construíron almacén loxístico en Lourido, Poio.[2]

Expansión editar

Tamén na década dos 90, comezou a expansión do grupo con tendas por toda Galicia, Portugal e Castela-León. En 2005, entra en Castela-A Mancha e, en 2008 na Comunidade de Madrid.[2]

En 2022, está a erguer outro centro loxístico no polígono de Barro, onde conta con máis de 80.000 metros cadrados.[2]

Notas editar

  1. Magín Alfredo Froiz, el tendero que es libre en el mar La Voz de Galicia, 8/4/2018 (en castelán).
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Redacción (10 de marzo de 2022). "Muere el empresario pontevedrés Magín Froiz a los 78 años". atlantico.net (en castelán). Consultado o 12 de marzo de 2022. 

Véxase tamén editar