Batalla de Aguioncha
A Batalla de Aguioncha ou Aguiuncias, foi a culminación das diferenzas entre dúas poderosas familias nobiliarias no Reino de Galiza, foi librada no monte Aguioncha, no río Salas, na provincia de Ourense. O líder do bando vencedor foi o conde portugués Gonzalo Menendiz, o do vencido foi o conde galego Rodrigo Velázquez.
Batalla de Aguioncha | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Parte de Guerra nobiliaria galaico-portuguesa | |||||||
| |||||||
Belixerantes | |||||||
![]() |
![]() | ||||||
Líderes | |||||||
Gonzalo Menendiz | Rodrigo Velázquez |
Adóitase acreditar a Rodrigo como un dos líderes do partido que apoiou a Sancho I e ao seu fillo Ramiro III nas guerras pola sucesión que comezaron arredor de 950 e que se prolongaron ata o 980.[1] O principal clan rival estaba dirixido por Gonzalo, e apoiou primeiro a Ordoño III e máis tarde ao seu fillo Vermudo II. A ausencia da corte de Rodrigo durante un total de seis anos durante os reinados de Sancho I e Ramiro III, e a súa recorrencia relativamente frecuente nos diplomas de Ordoño III, non avalan a hipótese de que fose fillo do primeiro, como M. R. García Álvarez cría.[2] A rivalidade entre as dúas familias tiña máis que ver cunha disputa entre a nai de Gonzalo, Muniadona Díaz, abadesa de Guimarães, e unha parente de Rodrigo, Guntroda, abadesa de Pazóo.[3] Guntroda apropiárase do mosteiro de Santa Comba, que pertencía a un monxe de nome Odoino, quen reclamou apoio a Muniadona. Ela enviou aos seus fillos Gonzalo e Ramiro para obrigar a Guntroda a devolvelo volens nolens (queira ou non).
A data da batalla está en disputa. Puido ter lugar no 966 ou 967, durante a rexencia de Elvira Ramírez. De ser así, os dous condes reconciliáronse cara o 968. Justo Pérez de Urbel argumentou que a ausencia xudicial de Rodrigo e Gonzalo durante a rexencia de Elvira era unha proba de que durante este período eran independentes de facto, pero estiveron en León o 20 de setembro de 968 para a confirmación dunha doazón nobiliaria ao mosteiro de Sobrado.[4] Por outra banda, puido ocorrer entre 970 e 974. Gonzalo pelexou con Ramiro III en 968 despois de que este rexeitase aos viquingos que asolaban entón o Reino de Galiza. A mala relación entre as familias alúdese ata o 1 de outubro de 982 nun documento que conta:
Defuncto autem Santio principe accepit regnum eius germana sua domna Gilvira et perunctus es in regno filius ipsius Sanctionis nomine Ranemirus. . . Tunc in illis diebus excitaverunt gallecos inter se sedicionem comites duo, unum Rudericum Velasconiz et alterum Gundisalvum Menendiz. . . [5]
Príncipe Sancho morto, a súa irmá a dama Elvira recibiu o reino e unxido no reino foi o fillo deste Sancho, de nome Ramiro. . . Entón naqueles días dous condes en disensión entre os galegos levantaron exércitos entre eles, un Rodrigo Velázquez e o outro Gonzalo Menéndez. . .
Notas Editar
- ↑ Martín, José Luis (1965). "Pelayo Rodríguez, obispo de Santiago (977–985)". Anuario de los estudios medievales: 472 n37.
- ↑ Refírese a Rodrigo coma hechura de Sancho el Craso y de su hijo Ramiro, citado por Martín, 472 n37.
- ↑ Guntroda era cuñada do irmán de Rodrigo, Ordoño Velázquez.
- ↑ Lucky, K. Pick. Dominissima, prudentissima: Elvira, First Queen-Regent of León.
- ↑ Citado por Martín, 473 n40.
Véxase tamén Editar
- Manuel Rubén García Álvarez (1967), "La Batalla de Aguioncha: una guerra civil galaico-portuguesa del siglo X," Bracara Augusta, 20, 307–42.