San Martiño de Pazó, Allariz

parroquia civil do concello de Allariz

San Martiño de Pazó é unha parroquia situada no oeste do concello de Allariz. Está rodeada polas parroquias allaricenses de Allariz (Santiago), Seoane, San Trocado e Queiroás.

San Martiño de Pazó
Igrexa de San Martiño de Pazó, Allariz.jpg
Igrexa de San Martiño de Pazó.
Parroquia de San Martiño de Pazó do concello de Allariz.png
ConcelloAllariz[1]
ProvinciaOurense
Coordenadas42°10′28″N 7°49′58″O / 42.174467170392, -7.8327133121351Coordenadas: 42°10′28″N 7°49′58″O / 42.174467170392, -7.8327133121351
Poboación114 hab. (2013)
Entidades de poboación5[1]
editar datos en Wikidata ]

DescriciónEditar

No ano 2013 a súa poboación segundo o INE era de 114 persoas, 62 homes e 52 mulleres. O seu núcleo máis poboado é Amiadoso, con 61 habitantes.

No sitio arqueolóxico de San Martiño de Pazó atopouse unha pilastra decorada, depositada no Museo Arqueolóxico de Ourense. O bloque presenta decoración en tódalas caras, feita en diferentes momentos, desde o século II (período galaicorromano) ata os séculos IX-X, na Idade Media.[2]

HistoriaEditar

Ao comezo da Idade Media existía un convento dedicado a San Martiño de Dumio, homónimo da vila, que se refire ao "Pazo das Donas". Unha disputa entre a abadesa de Pazó Guntroda, parente do poderoso magnate Rodrigo Velázquez, con Muniadona e o seu fillo Gonzalo Menendiz levou a unha breve guerra civil galega a mediados do século X, culminándose coa Batalla de Aguioncha. Guntroda foi sucedida pola súa parente Ilduara.

Galería de imaxesEditar

Lugares e parroquiasEditar

Lugares de San Martiño de PazóEditar

Lugares da parroquia de San Martiño de Pazó no concello de Allariz (Ourense)

Amiadoso | Castrelo | A Forma | Penamá | San Martiño

Parroquias de AllarizEditar

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Allariz

Allariz (Santiago) | Allariz (Santo Estevo) | Augas Santas (Santa Mariña) | Coedo (Santiago) | Os Espiñeiros (San Breixo) | Folgoso (Santiago) | Meire (Santa María) | Queiroás (San Breixo) | Requeixo de Valverde (Santa María) | San Mamede de Urrós (San Mamede) | San Martiño de Pazó (San Martiño) | San Trocado (San Trocado) | San Vitoiro da Mezquita (San Vitoiro) | Santa Baia de Urrós (Santa Baia) | Seoane (San Xoán) | Torneiros (San Miguel)

NotasEditar

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar