Ramiro III
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Ramiro III, nado en 961 e finado en Astorga no 985, foi rei de Galicia[1][2] entre os anos 966 e 982 exercendo o seu poder desde a cidade de León.
Nome orixinal | (es) Ramiro III de León |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 961 |
Morte | 26 de xuño de 985 (23/24 anos) Destriana, España |
Lugar de sepultura | Basílica de Santo Isidoro de León León |
Relixión | Catolicismo |
Actividade | |
Ocupación | rei |
Outro | |
Título | Lista de monarcas de León |
Familia | Dinastía ástur-leonesa |
Cónxuxe | Sancha Gómez |
Fillos | Ordoño Ramírez |
Pais | Sancho II e Teresa Ansúrez |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron |
Orixes familiares
editarFillo de Sancho I de Galicia e da súa esposa Teresa Ansúrez. Sucedeu a seu pai con tan só cinco anos de idade.
A rexencia do reino quedou entón nas mans da súa tía, a monxa Elvira de León, e a súa propia nai, que á morte do seu esposo tamén se retirou a un mosteiro. Grazas a isto Ramiro III sempre contou co apoio do clero do reino.
Vida política
editarComo rei ratificou o tratado de paz co califa de Córdoba, Alhakén II. Enfrontouse coas tropas normandas que invadiran as costas galegas, acabando coa vida do bispo compostelán Sisnando. En 976, tras a chegada ao poder do califa Hixem II, conclúe o período de paz cos musulmáns, polo que tropas andalusís, comandadas polo visir Almanzor, devastaron o norte peninsular.
Ramiro III tentou instaurar unha monarquía absolutista, cousa que acentuou as tendencias centrífugas de Castela e Galiza a respecto de León. Isto, unido ás constantes derrotas ante os musulmáns (San Esteban de Gormaz, 976; toma de Zamora en 981), provocou que a nobreza se revirase contra do monarca, proclamando rei, en Compostela, ao seu curmán Vermudo II de León, fillo bastardo de Ordoño III de León. Coñecido este feito, Ramiro tentou vencer ao seu rival ao que atacou preto de Monterroso, en portela de Areas, sen lograr vencelo, aínda que sen saír derrotado. Retirado a Astorga, alí faleceu.
Matrimonio e descendencia
editarNo 979, casou con Sancha de Saldaña, filla de Gómez, conde de Saldaña. Deste matrimonio naceu o infante Ordoño Ramírez, casado con Cristina de León, filla de Vermudo II.
Notas
editar- ↑ Carriedo Tejedo, Manuel (2019). "Gallaecia y Galicia (1)" (PDF). Rudesindus (en castelán) (12): 74. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 30 de setembro de 2020. Consultado o 15 de novembro de 2022.
Ramiro […] señor a la sazón de Galicia (citando a Ibn Hayyan)
- ↑ López Carreira, Anselmo (2008). O reino medieval de Galicia. A Nosa Terra. p. 228.
Ramiro […] rei de Galicia
Véxase tamén
editar Ramiro III. Un interregno na historia da Galiza. |
Bibliografía
editar- López Carreira, Anselmo (2003). Os reis de Galicia. Vigo: Edicións A Nosa Terra. ISBN 84-96203-44-1.
Outros artigos
editarReino de Galiza | ||
---|---|---|
Segue a: Sancho II |
Ramiro III | Precede a: Vermudo II |
Dinastía dos Ordoñez (910-1037) |