Nepociano de Asturias
Nepociano foi rei de Galicia entre os últimos meses do ano 842 e comezos de 843, ao suceder efemeramente a Afonso II, pois foi destronado por Ramiro I.
![]() A única representación coñecida de Nepociano é a cabeza aos pés de Ramiro I, composición pétrea situada en Madrid e realizada por Luis Salvador Carmona a mediados do século XVIII.[1] | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | valor descoñecido ![]() |
Morte | Despois de 843 ![]() |
Conde palatino Afonso II de Oviedo | |
![]() | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino de Galicia |
Actividade | |
Ocupación | rei ![]() |
![]() |
Traxectoria
editarFoi un comes palatii (conde de palacio) na corte do rei Afonso II en Oviedo. É citado nas crónicas como cognatus regis (cuñado do rei) ou en calquera caso, parente do rei, probablemente por vía materna xa que Afonso II tiña ascendencia materna vasca, e foron precisamente vascos e ástures os principais valedores da causa de Nepociano.[2]
Á morte do rei Afonso II, e aproveitando a ausencia de Ramiro I, que segundo as crónicas afonsinas fora nomeado sucesor por Afonso II,[3] ocupou o trono. Reuniu as súas tropas compostas por asturianos e vascóns[4] e tratou de opoñer ao exército galego encabezado por Ramiro I. O encontro tivo lugar na localidade de Cornellana, xunto ao río Narcea, pero o exército de Nepociano finalmente foi derrotado.[4]
Segundo as crónicas posteriores, Nepociano foi capturado, cegado e encerrado nun convento de localización descoñecida.[5]
Notas
editar- ↑ Iglesia Aparicio, Javier (2 de abril de 2014). "Nepociano, rey de Asturias enfrentado a Ramiro I". Condado de Castilla (en castelán).
- ↑ José Antonio Escudero (ed.), Javier Alvarado Planas, José Mª de Francisco Olmos (2008) El Rey. Historia de la Monarquía. Vol 1. Ed. Planeta. ISBN 978-84-08-07696-4. pp. 24.
- ↑ Sánchez Albornoz, Claudio. Orígenes de la Nación Española. El Reino de Asturias. Capítulo VI: Tras cuarenta años de paz interior.
- ↑ 4,0 4,1 Martínez Diez, Gonzalo. El Condado de Castilla (711-1065). La Historia frente a la leyenda. Valladolid, Junta de Castilla y León, 2004. ISBN 84-9718-275-8 volume 1, páxina 219
- ↑ Rodríguez Muñoz, Javier (5 de febreiro de 2014). "La memoria borrada de Nepociano". La Nueva España (en castelán).
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Asturias |
Outros artigos
editarBibliografía
editar- Carriedo Tejedo, Manuel (2002). "La coronación de Ramiro I en Lugo (enero de 843)" (PDF). Lucensia (en castelán) XII (25): 345–358. ISSN 1130-6831. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de decembro de 2020. Consultado o 31 de decembro de 2020.
- López Teixeira, Xosé Antonio (2010) [2003]. A formación do reino de Galiza (711-910). Trivium. Toxosoutos. ISBN 978-84-92792-76-4.
- López Carreira, Anselmo (2005). O reino medieval de Galicia. A Nosa Terra. ISBN 84-96403-54-8.
Reino de Galicia | ||
---|---|---|
Segue a: Afonso II |
Nepociano de Asturias | Precede a: Ramiro I |