Río Narcea
O río Narcea é un curso de auga asturiano, afluente do Nalón pola súa beira esquerda. É o segundo dos ríos máis importantes de Asturias que desenvolven o seu curso completo dentro do Principado, tanto pola súa lonxitude, 91 km, como polo seu caudal medio, 43,41 m³/s.
Río Narcea | |
---|---|
Unión do Nalón e o Narcea | |
País | Asturias |
Nacemento | Fontes del Narcea |
Lonxitude | 91 km |
Conca | 1.135 km² |
Caudal medio | 43,41 m³/s |
Desembocadura | Río Nalón |
Percorrido
editarO Narcea nace nas Fontes del Narcea, na serra de Cenielles, a preto de 1.600 m.s.n.m., para fluír con sentido xeral se suroeste a nordeste. Ao longo do seu curso baña os concellos de Cangas del Narcea, Tinéu, Miranda e Pravia. Neste último rende as súas augas ao Nalón á altura do lugar de Forcinas. En conxunto a súa conca abrangue unha área de 1.135 km².
A localidade máis importante sita ás súas beiras é Cangas del Narcea.
Afluentes
editarPola dereita:
Pola esquerda:
Espazos naturais
editarNa cabeceira do río sitúase o Parque Natural das Fontes do Narcea, Degaña e Ibias.
Aproveitamento hidroeléctrico
editarNo Narcea están instalados dous encoros para a produción de electricidade, son os de La Barca (con 32 millóns de m³ de auga represados) e o de Honda (800.000 m³).
Outros
editarÉ un dos ríos salmoneiros máis importantes de Asturias.