Pena Grande de Férvedes

A Pena Grande de Férvedes é un penedo situado nos contrafortes da serra da Carba,[1] na parroquia de Lousada (Xermade), no que hai unha cavidade natural entre rochas que serviron de morada e refuxio aos primeiros habitantes do lugar.[2].

Arqueoloxía editar

Férvedes II editar

Nesta pena hai un conxunto arqueolóxico do paleolítico superior, ao aire libre, que foi descuberto no ano 1971 polo médico e arqueólogo vilalbés José Ramil Soneira, que é denominado como Férvedes II.

Neste sitio recuperáronse útiles de sílex, cuarzo e cristal de rocha,[3] e localizouse, tamén, un colgante pétreo de forma ovoidal cun orificio de forma circular e en ambas as dúas caras un profundo suco horizontal datado en hai uns 17 000 anos, denominado colgante de pedra decorado de Férvedes, que foi a manifestación artística máis antiga coñecida até hoxe en Galicia.[1][2][4]

Tamén se atopou unha azagaia de óso decorada cunha inscrición horizontal. Pouco despois, en 1983, Ramil Soneira e Vázquez Varela deron a coñecer a primeira noticia de arte móbel en Galicia, unha peza de pedra de forma oval perforada e decorada con sucos que interpretan como un colgante.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Xermade. Pena Grande de Férvedes. Na web O Noso Patrimonio.
  2. 2,0 2,1 Algo de historia: paleolítico, castros e romanización. Na web do Concello de Xermade.
  3. O cristal de rocha é como se denomina ao cristal de cuarzo transparente.
  4. "Valdavara únese á Valiña, Pena Grande, Férvedes ou Pena Xiboi para documentar ese último período", artigo en La Voz de Galicia, 27 de xullo de 2008.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar