Serra da Carba
serra galega
A serra da Carba é unha serra galega considerada parte das serras setentrionais de Galiza e localizada no norte da comarca da Terra Chá, no suroeste do Xistral, sobre a beira esquerda no alto do curso de río Eume. Está formada sobre todo por cuarcitas do período cámbrico, cunha zona de conglomerados de cantos de cuarcita e de turmalina, e mais uns afloramentos importantes de gneis e metabasitas.
| ||||
Tipo | montaña ![]() | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
Continente | Europa ![]() | |||
División administrativa | Provincia de Lugo, España ![]() | |||
| ||||
O punto de maior altitude é o monte Monseivane, con 929 metros sobre o nivel do mar[1] .
Notas
editar- ↑ turismovilalba.com (ed.). "Monte Monseivane". Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2013. Consultado o 20 de setembro de 2013.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- As montañas de Galiza. A Nosa Terra, 2006. ISBN 84-8341-126-1