Serras setentrionais de Galicia

(Redirixido desde "Serras setentrionais de Galiza")
Amencer na serra do Xistral.

As serras setentrionais de Galiza son un conxunto de montañas que separan os terreos litorais do mar Cantábrico da Terra Chá e que conectan coa dorsal galega aproximadamente pola serra da Carba.

CaracterísticasEditar

As serras setentrionais galegas non conforman un macizo ben definido polo que non sempre é cuestión pacífica cantas e cales poden ser incluídas na listaxe. Cabe entender que serras como a da Faladoira ou a da Cadeira son en realidade zonas de transición cara aos sistemas montañosos nos que tradicionalmente se veñen incluíndo: a Dorsal no caso da primeira e as serras orientais no da segunda.

Xeograficamente, as serras setentrionais caracterízanse por contaren cos mananciais dos ríos da vertente cantábrica galega (quitando o Eo) e mais do Eume, que desauga no Atlántico pasando por unha zona baixa entre o cordal de Bustelo ao norte e o Serrón do Lobo ao sur.

Dende o punto de vista xeolóxico, estas serras están conformadas por materiais variados como xistos, granitos, gneis, ollos de sapo, lousas, calcarias e cuarcitas.

As serras setentrionais máis notábeis son a serra do Xistral, a serra da Carba, os montes de Buio e mais a serra da Toxiza, que son superficies achandadas erguidas pola acción da tectónica de placas. Outras formacións montañosas menores son o Monte Guriscado, os Montes dos Cabaleiros ou a serra da Gañidoira.

Os seus altos teñen unha nubosidades elevada, factor que favorece o desenvolvemento de turbeiras.


Véxase taménEditar

BibliografíaEditar