Serras orientais de Galicia

Pódense considerar serras orientais de Galiza aquelas que discorren dende o río Eo até A Mezquita, xa na raia con Portugal. Trátase dunha serie de cadeas montañosas con distinta orientación que conectan nalgún punto coa cordilleira cantábrica.

Pena Trevinca.

Características

editar
 
Val do río Ser, nos Ancares.

De norte a sur, pódense distinguir varios tramos. O primeiro abranguería a zona que vai do río Eo até o río Sil, e nel estarían as serras de Meira, a do Corno do Cervo, a serra do Mirador, a serra de Follabal, a serra de Liñares, a Uría, Os Ancares, O Courel e mais a serra da Enciña da Lastra. Nun segundo tramo entre o Sil e a depresión de Monterrei estarían localizados o Macizo de Pena Trevinca e máis O Canizo.

Esténdense por unha superficia de gran tamaño das zonas orientais das provincias de Lugo e Ourense. É nestas serras onde se atopan as maiores alturas de Galiza, con diversos cumios que superan os 2.000 metros sobre o nivel do mar. O cume de maior altura é Pena Trevinca, concretamente con 2.124 metros.

Recibe unhas precipitacións elevados, por riba dos 2.000 litros por metro cadrado, e a oscilación das temperaturas entre as diferentes estacións é notábel.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar