Os montes de Buio son unha prolongación en dirección nordeste da serra do Xistral. Están situados nos concellos de Viveiro e Xove. Teñen forma arredondada e están conformados por granito de dúas micas con algúns xistos.

Modelo:Xeografía físicaMontes de Buio
Localización
División administrativaEspaña Editar o valor en Wikidata

Características

editar

Nestes montes nacen varios afluentes do río Landro e outros regatos que van morrer directamente no mar Cantábrico. O ecosistema de maior interese nesta área son as turbeiras de cobertor, que chegan a acadar nalgúns puntos os 3 metros de espesor e que a día de hoxe son explotadas de forma industrializada para obter substrato de xardinería. Nos montes de Buio hai cabalos e vacas en liberdade.

O cumio de maior altura é o Pau da Vella, con 702 metros sobre o nivel do mar.

Os montes están declarados Zona de Especial Protección dos Valores Naturais, co nome de Montemaior. Neles quedan algúns pequenos bosques de carballos e bidueiros.

Detectouse pole de Castanea sativa nestes montes, datos que a palinoloxía e o estudo de carbóns achegaron en investigacións realizadas en sitios arqueolóxicos, e constatan aquí a presenza do castiñeiro en épocas moi anteriores á expansión romana.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar