Lucio Sestio Quirinalo Albaniano
Lucio Sestio Quirinalo Albaniano (en latín, Lucius Sestius Quirinalis Albinianus) foi un senador, proquaestor de Marco Xunio Bruto e cónsul sufecto en 23 a. C.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 73 a. C. |
Morte | valor descoñecido |
Senador romano | |
Cónsul romano | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Roma Antiga |
Actividade | |
Ocupación | político , militar |
Período de tempo | Alto Imperio Romano |
Período de actividade | (Con vida en: século I a. C. ) |
Lingua | Lingua latina |
Familia | |
Pai | Publius Sestius (en) |
Traxectoria
editarOrixes familiares
editarAlbiniano proviña dunha familia plebea e era un dos fillos de Publio Sestio, quen foi gobernador de Cilicia de 48 a 47 a. C. e que destacou pola súa defensa de Cicerón. Durante unhas escavacións da vila de Settefinestre, que pertencía aos pais de Albaniano, encontráronse uns ceramios estampados coas letras LS, atribuídos ás súas iniciais.[1]
Albiniano foi amigo de Horacio e foi obxecto dunha das súas odas.
Carreira política
editarFontes literarias acredítanlle a dedicación de tres arae (altares) ao culto imperial no noroeste da Hispania nalgún momento en torno ao 19 a. C.,[2] as chamadas aras sestianas.
No ano 44 a. C., foi seguidor do asasino de César, Marco Xunio Bruto. En 42 a. C. foi procuestor de Bruto en Macedonia. Octaviano perdoou a Sestio tras a morte de Bruto. En 23 a. C. foi elixido cónsul sufecto e entre 22 e 19 a. C. foi legado da efémera provincia de Transduriana no noroeste da Hispania.
Notas
editar- ↑ Carandini, A et al. (1985). Settefinestre. Una villa schiavistica nell'Etruria Romana. Módena: Edizioni Panini, 3 vol.
- ↑ Plinio o Vello, Nat. Hist., 4.111: véxase tamén Tolomeo, Xeog., 2.6.3; Pomponio Mela, 3.13.
Véxase tamén
editar- PIR ², p. 611