Muralla de Vigo

fortificación defensiva na cidade de Vigo

A muralla de Vigo foi unha fortificación defensiva que arrodeou a zona antiga da cidade de Vigo. Foi constuída no ano 1656 como medida de protección fronte as invasións, sobre todo marítimas por parte de corsarios e terrestres desde Portugal, que comezara a sufrir daquela a vila. Malia que a meirande parte da estrutura foi derruída en 1858, aínda se conservan algúns fragmentos, así como dúas construcións que formaban parte dela: o castelo de San Sebastián e a fortificación do Castro. A fortaleza foi nun primeiro momento autoconstruída polos veciños da vila, polo que a súa estrutura foi irregular e asimétrica. Foi deseñada polo capitán e militar vigués Andrés de Arce y Castro.[1]

Muralla de Vigo
O castelo de San Sebastián é unha das estruturas que aínda se conservan da muralla.
Edificio
TipoFortificación defensiva
LocalizaciónVigo
Coordenadas42°14′12″N 8°43′38″O / 42.236603538697, -8.7272566352215Coordenadas: 42°14′12″N 8°43′38″O / 42.236603538697, -8.7272566352215
Construción
Construción1656
Demolición1858
Dimensións
Alturadescoñecida
Diámetrodescoñecido
editar datos en Wikidata ]

En 1665 resultoun un elemento disuasorio crítico para frear ao exército portugués, que nese ano chegara a Bouzas coa intención de someter á cidade. Tamén na batalla de Rande de 1702 a cidade ficou indemne da invasión do exército británico e neerlandés, feiro que non ocorreu con vilas veciñas coma Redondela, Cangas ou Moaña, arrasadas e queimadas coma represalia polo exército invasor.

Porén, o recinto amurallado si foi tomado en varias ocasións. En 1809, a vila foi tomada polo exército francés de Xosé Bonaparte, malia que posteriormente foi recuperada no que arestora se celebra anualmente na Reconquista.

A muralla constaba de seis portas, que ademais de permitir o acceso á cidade amurallada, servían como control de acceso. De feito, en cada unha das portas situábanse funcionarios e burócratas para recaudaren tributos dos produtos que entraban e saían da cidade.[2]

Outra das funcións da muralla foi control de epidemias, xa que servía para illar a cidade de posíbeis gromos coma a epidemia de cólera que afectou a Vigo e comarca no 1883.[3]

Construción

editar
 
Mapa da ría de Vigo durante a batalla de Rande, onde se pode apreciar a muralla que perimetra a vila olívica.

Antes da construción da muralla, Vigo apenas contaba cun pequeno muro orientado á ría de Vigo, tal e como recolleran os cronistas daquela.

...Uns débiles muros de cachotaría cercaban imperfectamente a vila pola parte do mar
Xosé de Santiago en Historia de Vigo e a súa Comarca.

A construción da fortaleza data do ano 1956, pouco despois da invasión da cidade por parte de pirata inglés John Culpepper. A vila, daquela desprovista de ningún tipo de medida defensiva, recibira diversos ataques por mar de corsarios ingleses e nórdicos, coma o xa m encionado culpepper, que coñenou casas e prazas, ou o propio Francis Drake, que viran na ría de Vigo un territorio de refuxio e bens. Ademais, a cidade estaba tamén inmersa en plena guerra con Portugal. Tamén aconteceu un ataca berberisco en 1617.

Así, no 1956 e por propia iniciativa dos cidadáns vigueses, comezaron a construír a muralla da cidade. Non foi até dous anos máis tarde, en 1958, cando a Coroa de Castela, da man do rei Filipe IV se implicou na edificación da fortificación.[4] Esta decalaxe entre cosntrución e planificación deu coma resultado unha muralla fóra do común en canto a estrutura. O seu perímetro fuxe dos principios de simetría, orde, firmeza e comodidade que imperaban por aquel entón. Porén, construíuse adaptándose á orografía e aos accidentes do terreo.[5]

O custo da muralla foi duns 200000 ducados. Ademais, a cidadanía viguesa recaudara uns 2000 ducados para a construción dun baluarte a carón da Laxe, orientada cara o mar.

Arquitectura

editar
 
Mapa de Vigo realizado por Francisco Coello e Pascual Madoz en 1856, onde se poden aínda observar elementos da muralla.

A muralla de Vigo é unha muralla de estilo moderno. A diferenza das murallas medievais, que adoitaban contar con torres de aspecto circular ou cuadrangular, a muralla de Vigo contaba con numerosos baluartes no seu perímetro. De base pentagonal, os baluartes da muralla viguesa sobresaían do muro coa fin de resistir os ataques de artillaría.

Por mor da falta de planificación e a inicial autoconstrución, a muralla de Vigo resultou ser extraordinaria desde o punto de vista arquitectónico. Habitualmente as murallas que perimetraban as cidades tiñan unha clara función defensiva e seguían unha distribución regular e planificada. A muralla de Vigo era irregular e os seus muros resultaban débiles. En canto á función defensiva, non contaba con fosos nin explanadas, e as vivendas estaban construídas moi preto dela.

A muralla contaba con diversas portas que facilitaban o control de acceso, permitían o sitio ou illamento da vila en caso de necesidade, ou incluso servían como medio de control tributario. As portas, tres na cosata e catro cara o interior, eran as seguintes:

  • Porta do Sol, que daba á rúa do Príncipe. Recibía dito nome xa que esta porta ficaba orientada ao leste, punto cardinal por onde nace o sol. Tras o derrubamento da maior parte da muralla, creouse unha praza co mesmo nome. Tamén recibía as denominacións de Salgueiral ou Soidadade.
  • Porta do Pracer, que daba aos outrora camiño de Ourense e campo de Granada. Posteriormente anomeou á contemporánea rúa do Pracer.
  • Porta da Falperra
  • Porta da Ribeira, tamén coñecida coma Peixaría ou San Francisco.
  • Porta da Gamboa
  • Porta da Laxe, a derradeira en ser derrubada en 1896. Tamén denominada Desembarco.
  • Porta do Mar ou Fonte de Vigo.


Extramuros quedaban os barrios de Pracer, Areal, Berbés e Falperra.

  1. "Unha muralla de alma medieval e corpo moderno.". Concello de Vigo. Consultado o 14 de xullo de 2024. 
  2. González Méndez, Matilde (2011). "Relendo o pasado: novos resultados da última intervención no castro de Vigo (Vigo, Pontevedra)". Férvedes: Revista de Investigación. 7: 151–159. ISSN 1134-6787. 
  3. González Fernández, Juan Miguel (2000). "Crisis de subsistencia y epidémicas en las villas de Vigo y Bouzas (1680-1890).". Glaucopis, Boletín del Insitituto de Estudios vigueses. 6: 87–106. 
  4. González Méndez, Matilde (2020). "A muralla moderna de Vigo, Pontevedra, do estudio á Interpretación do Patrimonio.". Banco de boas prácticas. 27: 131–145. doi:https://doi.org/10.17979/ams.2020.27.1.6555 |doi= incorrecto (Axuda). 
  5. "A vila de Vigo fortificouse a instancias dos veciños.". Atlántico Diario. Consultado o 14 de xullo de 2024. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar