Diego de Muros I
Diego de Muros, nado en Muros e finado en Ciudad Rodrigo en 1492, foi un relixioso galego da Orde dos Mercedarios. É coñecido como Diego de Muros I para distinguilo de dous sobriños seus do mesmo nome.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1405 Muros, España |
Morte | 1492 (86/87 anos) Ciudad Rodrigo, España |
Bispo de Cidade Rodrigo | |
1 de xuño de 1487 – ← Pedro Beltrán (en) – Juan Ortega Bravo de la Laguna (en) → Diocese: Diocese de Ciudad Rodrigo (pt) | |
Bispo de Tui | |
15 de xuño de 1472 – ← Pedro Fernández de Solís (en) – Pedro Beltrán (en) → Diocese: Diocese de Tui | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | bispo católico (1473 (Gregoriano)–), Sacerdote católico de rito romano |
Orde relixiosa | Orde da Mercé |
Consagración | Šimun Vosić (pt) |
Traxectoria
editarInterveu, xunto a Pedro González de Mendoza, a favor de Isabel a Católica na súa loita sucesoria conta Xoana a Beltranexa. O 12 de xuño de 1472, consagrado como bispo, pasou a ocupar a sé da diocese de Tui, desde onde defendeu mesmo mediante coas armas os intereses dos Reis Católicos fronte á nobreza galega. Tamén tomou as armas contra os portugueses. Tivo fortes enfrontamentos con Pedro Madruga, quen, tras queimar a súa casa en Baiona, o tivo preso no castelo de Fornelos, o castelo de Vimianzo e o castelo de Monterreal.
O 1 de xuño de 1487 trasladouse a Castela á sé de Ciudad Rodrigo, onde finou cinco anos máis tarde.
Bispo de Tui
editarA súa actividade como bispo de Tui é relativamente ben coñecida, posto que se conservan algúns documentos orixinais emitidos durante o seu mandato, como as Constitucións do Sínodo de Tui. Nese documento apréciase o empeño do bispo por reformar os costumes do Cabido. A moralidade e formación dos cóengos relaxárase moito nos anos centrais do século, aproveitando a inestabilidade no goberno da sede e a convulsión social que rodeou ao conflito das Irmandades.[1]
Así mesmo, consérvanse tamén unhas ordenanzas do Concello de Tui, ditadas polo bispo en 1484. O Concello existía xa con anterioridade, polo que as ordenanzas deben entenderse como unha tentativa de asentar o poder do Cabido sobre o Concello e de regular as súas competencencias e órganos de goberno. Entre as medidas recollidas nesas ordenanzas está a da renovación dos cargos do concello, á cal se procedía o 1 de xaneiro.[2]
Notas
editar- ↑ Sánchez Carrera (1997), pp. 269 e ss..
- ↑ Sánchez Carrera (1997), pp. 213–239.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- González Novalin, J.L. (1974). (Patronato de la Casa de Colón). "Don Diego de Muros, Obispo de Canarias, su personalidad humanística y su aportación literaria a las Crónicas Granadinas del 1487 y 1488". Anuario de Estudios Atlánticos (en castelán) (Madrid - As Palmas de Gran Canaria) (20): 13–107. ISSN 0570-4065.
- Sánchez Carrera, María del Carmen (1997). El bajo Miño en el siglo XV: el espacio y los hombres (en castelán). A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza. ISBN 8489748136.
Predecesor: Rodrigo de Vergara |
Diocese de Tui 1472-1487 |
Sucesor: Pedro Beltrán |
Predecesor: Pedro Beltrán |
Diocese de Ciudad Rodrigo 1487-1492 |
Sucesor: Juan de Ortega |