Pedro González de Mendoza (1428-1495)

Pedro González de Mendoza, nado en Guadalaxara o 3 de maio de 1428 e finado na mesma cidade o 11 de xaneiro de 1495, foi un eclesiástico, político, militar e mecenas castelán, coñecido como Gran Cardeal de España.

Infotaula de personaPedro González de Mendoza

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento3 de maio de 1428 Editar o valor em Wikidata
Guadalaxara (Coroa de Castela) Editar o valor em Wikidata
Morte11 de xaneiro de 1495 Editar o valor em Wikidata (66 anos)
Guadalaxara (Coroa de Castela) Editar o valor em Wikidata
Primado de España
13 de novembro de 1482 – 11 de xaneiro de 1495
Patriarca latino de Alexandría
13 de novembro de 1482 – 11 de xaneiro de 1495
← Arnau Roger de Pallars (pt) TraducirDiego Hurtado de Mendoza y Quiñones (pt) Traducir →
Arcebispo de Toledo
13 de novembro de 1482 – 11 de xaneiro de 1495
← Alfonso Carrillo de AcuñaFrancisco Jiménez de Cisneros →
Administrador apostólico
8 de xullo de 1482 – 11 de xaneiro de 1495
Cardeal presbítero Santa Cruz en Xerusalén
6 de xullo de 1478 – 11 de xaneiro de 1495
← Angelo Capranica (pt) TraducirBernardino López de Carvajal y Sande (pt) Traducir →
Administrador apostólico
9 de maio de 1474 – 13 de novembro de 1482
← Pietro RiarioIñigo Manrique de Lara (pt) Traducir →
Cardeal presbítero Santa Maria em Domnica (pt) Traducir
17 de maio de 1473 – 6 de xullo de 1478
← Pietro Morosini (pt) TraducirFerry de Clugny (pt) Traducir →
Roman Catholic Bishop of Siguenza (en) Traducir
30 de outubro de 1467 – 11 de xaneiro de 1495
← Juan de Mella (pt) TraducirBernardino López de Carvajal y Sande (pt) Traducir →
Roman Catholic Bishop of Calahorra and La Calzada (en) Traducir
28 de novembro de 1453 – 30 de outubro de 1467
← Pedro López de Miranda (en) TraducirRodrigo Sánchez de Arévalo →
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeCoroa de Castela Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Salamanca Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónSacerdote católico de rito romano , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
ConsagraciónAlfonso Carrillo de Acuña Editar o valor em Wikidata
Familia
FamiliaCasa de Mendoza (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosRodrigo Díaz de Vivar y Mendoza, 1st Marquis of Cenete (en) Traducir, Juan Hurtado de Mendoza y Tovar (en) Traducir, Diego Hurtado de Mendoza, 1st Count of Melito (en) Traducir, Rodrigo Hurtado de Mendoza, Marqués de Zenette (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisIñigo López de Mendoza Editar o valor em Wikidata  e Catarina Suárez de Figueroa (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsMencía de Mendoza y Figueroa (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Gonzales_de_Mendoza-2

Mendoza constitúe unha das figuras máis brillantes da aristocracia da segunda metade do século XV, no paso do mundo medieval ao moderno:

Traxectoria editar

Primeiros anos editar

Pertencente á alta nobreza e ao liñaxe da Casa de Mendoza, foi o quinto fillo de Íñigo López de Mendoza, primeiro marqués de Santillana, e da súa esposa Catalina de Figueroa; os seus pais destinárono á carreira eclesiástica desde o berce.

Pasou a súa mocidade en Guadalaxara; estando destinado á carreira eclesiástica, a influencia dos Mendoza facilitou o seu nomeamento de cura de Santa María de Hita con doce anos de idade, e de arcediago de Guadalaxara con catorce. En 1442 o seu pai mandouno a Toledo para educarse xunto ao seu tío, o entón arcebispo Gutierre Álvarez de Toledo; alí estudou Retórica, Historia e Latín, ata a morte do seu protector en 1445.

Despois pasou a estudar Cánones e Leis na Universidade de Salamanca entre 1446 e 1452, doutorándose en ambas ramas do Dereito, o civil e o eclesiástico.

Na corte de Xoán II editar

En 1452 chega á corte de Xoán II, onde é nomeado capelán da capela real. Un ano despois, en xuño de 1453, morría decapitado en Valladolid Álvaro de Luna, favorito ata entón do rei e inimigo recalcitrante do marqués de Santillana. O ano seguinte (1454) morría o rei Xoán II, e á idade de 27 anos sería designado Pedro bispo de Calahorra e a Calzada.

Na corte de Henrique IV editar

En maio de 1455, o novo rei Henrique IV de Castela organizou unha campaña contra o reino de Granada, na que participaron o marqués de Santillana e a maioría dos seus fillos, irmáns de don Pedro. Antes de partir, fixo testamento o marqués e legou ao seu quinto fillo, o clérigo, o señorío sobre as vilas alcarreñas de Pioz e El Pozo de Guadalajara. Na primeira delas, Mendoza levantaría, pouco despois, un coqueto castelo que aínda se conserva. En 1456 o novo bispo de Calahorra deixou de residir na súa sé e pasou á corte de Henrique IV, onde iniciou unha nova etapa de intensa actividade política.

Cando morreu o seu pai, en marzo de 1458, Pedro González de Mendoza pasou a encabezar a poderosa familia dos Mendoza, que máis tarde daría orixe a varias liñas da alta aristocracia castelá, como a Casa do Infantado ou a do marquesado de Mondéjar; utilizando habilmente as súas grandes influencias en córtea castelá, para o seu encumbramento persoal e o dos seus irmáns.

Tras un primeiro momento de enfrontamento co rei, converteuse nun dos seus conselleiros máis próximos e tomou parte activa, sempre en favor de Henrique IV, nas loitas contra a nobreza; mantívose permanentemente enfrontado ao arcebispo de Toledo Alfonso Carrillo de Acuña e a Juan Pacheco, marqués de Villena, os seus grandes rivais na corte. Desde entón, a política dos Mendoza consistiu en prosperar mediante o apoio ao poder real e combatendo as tendencias máis contestatarias da nobreza. Nestas circunstancias o rei recompensou a Pedro en 1456 coa mitra episcopal da vila de Sigüenza, nas terras da familia.

En marzo de 1460 Pacheco, entón favorito do rei, enviou tropas contra Guadalaxara, a vila onde os Mendoza mantiñan o seu dominio, logrando apoderarse dela cunha celada. Nomeou novos cargos favorables ao seu partido e declarou fóra da lei a Diego Hurtado de Mendoza, segundo marqués de Santillana, e aos seus irmáns, quen tiveron que fuxir a Sigüenza, onde Pedro González de Mendoza xa era titular do bispado. E para agradar á poboación, Pacheco non dubidou en conseguir que Henrique IV de Castela outorgase a Guadalaxara o título de «cidade».

Non durou moito a mala fortuna familiar, e o bispo logrou facer as paces co rei e ata enemizalo co de Villena, facilitando a chegada dun novo favorito á corte, Beltrán de la Cueva, xenro de Diego Hurtado de Mendoza, segundo marqués de Santillana e irmán máis vello de Pedro.

A partir de 1462, a lealdade dos Mendoza a Henrique IV traduciuse nun apoio permanente aos dereitos da súa filla Xoana a Beltranexa, nacida o 28 de febreiro daquel ano, fronte á aposta de Carrillo e Pacheco polos medio irmán do rei, Afonso e Isabel.[n. 1] Estes non dubidaron en estender a especie, sen ningún tipo de probas, de que a princesa non era filla do rei, senón de Beltrán da Cueva, co que lle quedou o cruel alcumo co que pasou á historia

O conflito sucesorio e o cambio de bando editar

O rei dependeu cada vez máis do apoio dos Mendoza ante adversarios tan poderosos. Non tardou en estalar a guerra civil; en 1465, na farsa de Ávila, o arcebispo Carrillo quitou a coroa a un boneco que representaba a Henrique IV e o seu partido alzouse en armas, apoiando os dereitos do pequeno Afonso de Castela, medio irmán do rei. Pedro González de Mendoza dispuxo que o seu irmán Íñigo López de Mendoza y Figueroa custodiase á princesa Xoana na fortaleza de Buitrago e que tropas do seu irmán Diego Hurtado de Mendoza blindaran os territorios que a familia posuía na fronteira de Aragón, co obxectivo de evitar a entrada en Castela do príncipe Fernando a raíz do seu casamento coa princesa Isabel.

O bispo loitou persoalmente xunto a outros membros da familia Mendoza na segunda batalla de Olmedo de 1467 na defensa da causa de Henrique IV de Castela; pero este apoio non foi de balde. Coa habilidade indicada para a obtención de novos cargos eclesiásticos, que lle darían importantes beneficios económicos, Pedro obtivo en 1469 o cargo de abade de San Zoilo, en Carrión dos Condes, por bula do papa Paulo II, e tamén, a petición de Henrique IV ante o Papa, sería nomeado arcebispo de Sevilla.

Mentres tanto, a morte do príncipe Afonso no verán 1468 non supuxo o fin da rebelión. Carrillo apostou pola moza Isabel, irmá do príncipe falecido e futura raíña de Castela. Os Mendoza mantiveron firme a súa aposta pola princesa Xoana, ata tal punto que viron con bochorno, e como unha traizón, o feito de que o rei Enrique cedese, nos touros de Guisando, os dereitos da súa filla.

E aínda que fora principal valedor dos dereitos lexítimos de Xoana a Beltranexa, a partir de 1473, un ano antes da morte do rei, pasáronse don Pedro González de Mendoza e todos os seus irmáns ao bando da princesa Isabel. Neste xiro pesou a rivalidade na carreira eclesiástica e política co arcebispo Carrillo. Tampouco foi allea a visita que aquel ano fixo a Castela e a Sigüenza o futuro papa Alexandre VI, o entón cardeal Borja, coa promesa de grandes mercés do partido aragonés en Roma. Detrás estaba o rei Xoán II de Aragón, antigo protagonista das guerras civís castelás como duque de Peñafiel e agora principal valedor dos dereitos do seu fillo Fernando. As promesas cumpríronse rapidamente e o papa Sisto IV nomeouno cardeal baixo a advocación de Santa María in Dominica, que logo el cambiou pola de Santa Cruz; o rei titulouno «Cardeal de España», tamén a finais daquel mesmo ano.

Desde entón Pedro González de Mendoza e toda a súa familia permaneceron á beira da futura raíña, é dicir, da persoa que ao seu criterio estaba mellor situada e máis capacitada para exercer o poder real do que dependía a prosperidade do clan. Mortos Pacheco e Henrique IV, acudiu en decembro de 1474 á coroación de Isabel en Segovia, e alí soliviantou definitivamente os celos do seu rival Carrillo, que decidiu pasarse ao bando de dona Xoana e iniciar outra nova guerra. O cardeal Mendoza constituíu un apoio decisivo durante a Guerra de Sucesión Castelá para a causa isabelina contra os partidarios de Xoana a Beltranexa.

Na corte dos Reis Católicos editar

 
Cortello do bautizo do príncipe don Juan, fillo dos Reis Católicos, polas rúas de Sevilla, obra de Francisco Pradilla. Os Reis Católicos e o cardeal Mendoza, arcebispo de Sevilla, presiden o cortello.

A colaboración do cardeal e os monarcas foi inmediata e total, sen fisuras; como cando mandou os exércitos reais contra a invasión portuguesa, o 1 de marzo de 1476 na batalla de Toro, que serviu para asentar definitivamente a Isabel no trono castelán. Mendoza converteuse nun dos principais conselleiros dos Reis Católicos, sobre todo en asuntos relixiosos; e tamén nun dos negociadores máis capacitados do seu aparello diplomático. En 1477 obtivo un grande éxito acabando coa belixerancia francesa a favor de Xoana e conseguindo inclinásense cara aos reis na guerra civil do Reino de Navarra; o rei Lois XI de Francia quedou tan encantado co cardeal que o nomeou Abade de Fécamp. Ao ano seguinte recibiu «en administración perpetua» o bispado de Osma, e a raíña Isabel lexitimou aos dous fillos que tivera con dona Mencia.

Restitución de Rosellón e Cerdaña editar

 
Mapa xeo-político de Francia e fronteira con España en 1477.

Xoán II de Aragón, pai de Fernando II de Aragón, tiña empeñados en garantía dun crédito o condado de Rosellón e o condado de Cerdaña ao rei Lois XI de Francia. Cando o 14 de xuño de 1474 tropas francesas invadían o Rosellón, España, que xa estaba en guerra con Francia, tamén o estivo por Cataluña. Mediante a diplomacia do cardeal ofreceuse a Lois XI unha resolución xurídico-diplomática do conflito e obtivo un ano de tregua. As delegacións deputadas achegáronse a Hondarribia e Baiona reuníndose en San Juan de Luz o 9 de novembro de 1478. Por parte dos reis acudiu Juan Ruíz de Medina e por parte do cardeal, que actuaba como «terceiro» ou «tercería» entre España e Francia, Alonso Yañez, vicario do bispado de Siguenza e diplomático seu. Pola do rei de Francia o conde de Lescaut e o bispo de Lubierre, abade de san Denis.

O rei de Francia outorgou poder ao cardeal, por capítulo de cinco anos (1483), para a tenencia provisional («en tercería») de Perpiñan («capital do condado de Rosellón») con todas as fortalezas de ambos condados ata dilucidar as diferenzas sobre o señorío. A tregua capitulada ratificouse en Guadalupe en febreiro de 1479. Un ano logo da Conquista de Granada (1492) Fernando II de Aragón retomaba a pacífica posesión dos condados, a quen correspondían pola súa condición de rei de Aragón desde que, no seu testamento, Xerardo II, último conde independente de Rosellón, estableceu que o condado «todo integramente douno ao meu señor o rei dos aragoneses» pola fe depositada no seu soberano Afonso II de Aragón, que foi recoñecido como rei en Perpiñán en 1172.[1]

Arcebispo de Toledo editar

O 1 de xullo de 1482 morrera o revoltoso don Alfonso Carrillo de Acuña, arcebispo de Toledo. Quedaba vacante así a sé primada hispana. O 13 de novembro de 1482, Pedro González de Mendoza alcanzou do papa Sisto IV o nomeamento de arcebispo de Toledo, abandonando o resto dos seus cargos, menos o bispado de Sigüenza.

O primado seguiu reforzando a súa influencia na corte mediante a colocación de persoas da súa contorna nos postos clave. Nos primeiros meses de 1492 buscábase ao novo confesor da raíña, que substituiría a frei Hernando de Talavera tralo nomeamento deste como arcebispo de Granada; Mendoza insistiu a dona Isabel para que aceptase a un escuro e testalán franciscano do mosteiro alcarreño da Salceda, introducindo así nas máis altas esferas ao futuro Cardeal Cisneros.

Guerra de Granada e descubrimento de América editar

 
La rendición de Granada, por Francisco Pradilla.

Rematada en 1479 a guerra con Portugal e afirmados os dereitos ao trono, os reis buscaron como novos obxectivos ao seu reinado a unidade peninsular e relixiosa. As expedicións militares de primavera e verán contra o reino nazarí intensificáronse a partir de 1485. Todos os Mendoza participaron, campaña tras campaña; en 1485 atopamos ao cardeal en Córdoba, acompañando a don Fernando; dous anos despois, 1487, entra en Málaga e finalmente en 1492, acompañado polo seu sobriño o gran Tendilla, coloca o pendón castelán, na Alhambra de Granada.

Ademais do problema dos conversos, para o que Pedro sempre mantivo posturas comprensivas, a súa actitude política foi de grande importancia para outro dos grandes proxectos do reinado dos Reis Católicos, a viaxe de Cristovo Colón ao Novo Mundo; desde o principio recibiu o apoio de Luis II de la Cerda, I duque de Medinaceli, sobriño do cardeal. O bloque sempre homoxéneo dos Mendoza, co cardeal Pedro González á fronte, foi un dos grandes impulsores, co financiamento da dilatada espera de Colón, ata conseguir a aprobación real e, sobre todo, a consecución do interese e o compromiso da raíña Isabel I respecto dos proxectos colombinos, cando todo o esforzo do Reino de Castela dedicábase á toma do Reino de Granada.

Vida privada editar

 
Rodrigo Mendoza, marqués do Cenete, fillo do Cardeal.

Segundo as crónicas, a Pedro atribuíanselle tres fillos que a raíña Isabel coñecía como «os lindos pecados do Cardeal». Dos amores que a partir de 1460 tivo con Mencía de Lemos, acompañante da raíña Xoana, naceron dous fillos: Rodrigo Díaz de Vivar y Mendoza, futuro marqués do Cenete, nacido en Guadalaxara no palacio dos Mendoza en 1462, e Diego Hurtado de Mendoza y Lemos, logo conde de Mélito e señor de Almenara, nacido en 1468 no Real do Manzanares, «en amenceres».

En 1476, pediu á raíña Isabel a lexitimación dos seus dous fillos, que lle foi concedida o 15 de xuño dese ano; en 1478, Sisto IV concedeu ao cardeal autorización para testar a favor dos seus fillos, e o seu sucesor Inocencio VIII, en 1486, concedeulle a verdadeira lexitimación. anos despois, os Reis Católicos concederon a capacidade de instituír os morgados que quixese a favor dos seus fillos. Aquí aparece o terceiro fillo do cardeal, Juan Mendoza, nado anos atrás en Valladolid, de Inés de Tovar, e ao que non se lle consignaría morgado algún.

Na cidade de Guadalaxara, o 11 de xaneiro de 1495, tras case un ano prostrado por unha grave enfermidade renal e recibindo a visita dos Reis Católicos en máis dunha ocasión, morría o gran cardeal. Deixou como herdeiro de todos os seus bens ao hospital da Santa Cruz de Toledo. O seu féretro, acompañado polos Reis nunha solemne comitiva que durou catro días, trasladou o cadáver desde Guadalaxara ata Toledo, onde foi enterrado no presbiterio da catedral, como el elixira.

Labor cultural editar

 
O Colexio Maior da Santa Cruz de Valladolid.

O seu papel máis importante na cultura da segunda metade do século XV foi como mecenas. Grazas ao cardeal Mendoza, a arquitectura castelá renovouse totalmente, entrando con el os modismos renacentistas, influído polo cardeal don Rodrigo de Borja, o futuro Papa Alexandre VI, enviado polo papa Sisto IV, en 1472, para sosegar as diferenzas entre Henrique IV e a súa irmá Isabel.

A tarefa construtiva foi infatigable. Sabía que a construción de edificios e o adorno dos mesmos atraeríalle o agarimo das xentes, máxime cando en cada un deses edificios aparecerían as armas da súa liñaxe e o escudo heráldico do cardeal.

As súas obras estendéronse por todo o reino de Castela:

 
O hospital da Santa Cruz de Toledo.
  • En Toledo, o hospital da Santa Cruz, boa parte do palacio arcebispal, a cantería baixa do coro da catedral coa talla da guerra de Granada (de Rodrigo Alemán).
  • En Alcalá de Henares, a reforma do palacio dos bispos e a ampliación das Escolas Xerais.
  • En Sevilla, obras na Catedral, en San Francisco e na igrexa de Santa Cruz.
  • Na catedral do Burgo de Osma, a portada principal do mediodía, a sancristía e o púlpito do Evanxeo, na Catedral, moi similar ao de Sigüenza.

Ata deixou testemuña do seu mecenado en Roma e Xerusalén:

  • En Roma, a reedificación completa da igrexa da Santa Cruz ou Croce.
  • En Xerusalén, a consolidación da igrexa do Santo Sepulcro e a construción doutro templo en honor da Santa Cruz.

Obras na provincia de Guadalaxara editar

Pero onde máis numerosas foron as obras e mecenados do Cardeal foi na provincia de Guadalaxara, lugar onde naceu e onde a súa familia tiña a maioría das súas posesións:

  • Casa-palacio de Guadalaxara, palacio de estilo renacentista de gran fama no século XV e XVI, destruído por un incendio no século XVIII.
 
Escudo do cardeal no coro (catedral de Sigüenza).
  • Castelo de Jadraque ou castelo do Cid, construído coa estrutura actual no último terzo do século XV, achegándose ao carácter palaciano das residencias renacentistas de estilo italianizante.
  • Monasterio de Sopetrán, o antigo mosteiro de Santa María de Sopetrán, localizado preto da desembocadura do río Badiel co Henares, coa construción da sancristía.
  • Monasterio de San Francisco en Guadalaxara, na súa igrexa sobre todo, instituído como panteón da familia Mendoza desde 1395 e desde o século XVII, tamén cripta dos duques do Infantado.
  • Universidade de Sigüenza, en 1476 foi fundado o Colexio Grande de San Antonio de Portaceli. O papa Sisto IV aprobou as Constitucións primitivas, en 1483 e promulgadas o 7 de xullo de 1484. Uns anos despois, e a petición do cardeal, o papa Inocencio VIII promulgou unha bula papal, en abril de 1489, que permitirá conceder grados de bacharelato, licenciado, mestre e doutor das materias impartidas.
  • Catedral de Sigüenza, realizou varias obras, como o coro.

Notas editar

  1. Henrique IV de Castela era o fillo primoxénito do rei Xoán II de Castela coa súa primeira esposa, María de Aragón mentres que os infantes Afonso e Isabel, futura Isabel I de Castela, eran fillos do segundo matrimonio de Xoán II con Isabel de Portugal.
  1. José Ángel Sesma Muñoz, La Corona de Aragón, Zaragoza, CAI (Colección Mariano de Pano y Ruata, 18), 2000, págs. 59-60.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Layna Serrano, Francisco (1993-1996). Historia de Guadalajara y sus Mendozas en los siglos XV y XVI, 4 Tomos. Guadalajara, Aache ediciones. ISBN 84-87743-28-5. 
  • Nader, Helen (1985). Los Mendoza y el Renacimiento espanol. Guadalajara, Institución Provincial de Cultura "Marqués de Santillana". Diputación de Guadalajara. ISBN 84-505-3156-X. 

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar

Predecesor:
Pedro López de Miranda
Bispo de Calahorra
1453 - 1467
Sucesor:
Rodrigo Sánchez de Arévalo
Predecesor:
Juan de Mella
Bispo de Sigüenza
1468 - 1495
Sucesor:
Bernardino López de Carvajal y Sande
Predecesor:
Pedro Riario
Administrador apostólico da Arquidiocese de Sevilla
1474 - 1482
Sucesor:
Íñigo Manrique de Lara
Predecesor:
Francisco de Santillana
Bispo de Osma
1482 - 1482
Sucesor:
Rafael Sansoni Riario
Predecesor:
Alfonso Carrillo de Acuña
Arcebispo de Toledo
1482 – 1495
Sucesor:
Francisco Jiménez de Cisneros