Vicente Gonzaga Doria

militar español

Vicente (ou Vincenzo) Gonzaga Doria, nado en Guastalla en 1602 e falecido en Salamanca o 23 de outubro de 1694, foi un militar italiano ao servizo de España.

Vicente Gonzaga Doria
Nacemento1602
 Guastalla
Falecemento23 de novembro de 1694
 Salamanca
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmilitar
PaiFerrante II Gonzaga
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Oitavo fillo do I duque de Guastalla Ferrante II Gonzaga e de Maria Vittoria Doria,[1] foi comendador de Villafranca na Orde de Calatrava, xentilhome de cámara de Carlos II, Capitán Xeneral de Galicia desde 1652, sucedendo no cargo a Diego Benavides de la Cueva, até 1658, en que foi sucedido por Rodrigo Pimentel Ponce de León, Vicerrei designado de Valencia (non tomou posesión do cargo), Vicerrei de Cataluña (1664 – 1667) e de Sicilia (marzo – novembro de 1678),[2] e gobernador interino do Consello de Indias en ausencia do duque de Medinaceli (1680 – 1685).[3]

NotasEditar

  1. Libro d'Oro della Nobiltà Mediterranea Xenealoxía da familia Gonzaga.
  2. Giovanni Evangelista di Blasi e Gambacorta: Storia cronologica dei vicerè, luogotenenti, e presidenti del regno di Sicilia, pp. 412-414.
  3. Francisco Xavier de Garma y Durán: Theatro universal de España: descripcion eclesiastica y secular de todos sus reynos y provincias, tomo IV, pp. 118 e 354.
Predecesor:
Diego Benavides de la Cueva y Bazán
Gobernador de Galicia
1652 - 1658
Sucesor:
Rodrigo Pimentel Ponce de León