Orde sacerdotal

(Redirección desde «Consagración episcopal»)

A Orde sacerdotal, na Igrexa ortodoxa, na Igrexa católica e na Comuñón Anglicana é un sacramento mediante o cal un varón recibe a través da Igrexa un don do Espírito Santo ao servizo da comunidade eclesiástica e de todos os homes consistente na función de ensino, a entrega da vida aos demais en plenitude e, moi particularmente, a consagración da Eucaristía e a administración do sacramento da reconciliación ou penitencia mediante o cal Deus perdoa o pecado a través da asemblea (ecclesia) de crentes.

Este sacramento é un don e un servizo que implica un cargo e unha función: o sacerdocio especial fronte ao sacerdocio xeral de todo bautizado. Como tal don, o sacerdocio non actúa en virtude dun poder propio do sacerdote ou da súa perfección moral ou virtude persoal, senón como servidor a través do cal, dun xeito singular, se transmite o poder curador e transformador de Cristo. O sacerdote non é un mediador, pois só Cristo o é, pero representa a Cristo nas celebracións litúrxicas, facendo patente a presenza deste no medio da asemblea. Segundo Tomé de Aquino só Cristo é o verdadeiro sacerdote, os demais son ministros seus.

Graos da Orde sacerdotal

editar

Diaconado

editar

O Diácono está ao servizo da Palabra, da caritas (amor) e da liturxia. É unha vocación independente para célibes e casados.

Presbiterado

editar

O Presbiterado fai ao sacerdote colaborador especial do Bispo anunciando a Boa Nova do amor curador de Deus (Evanxeo), administrando os sacramentos e especialmente os sacramentos que só pode ser celebrados por un presbítero: a Eucaristía e a penitencia ou reconciliación. Na Igrexa católica de rito latino, só pode ser presbítero un ceibe (célibe). A maioría das igrexas católicas orientais, as igrexas ortodoxas, as igrexas anglicanas e o luteranismo admiten ao presbiterado tamén a varóns casados.

Episcopado

editar

É a plasmación da sucesión apostólica. Recíbese doutros bispos en canto que sucesores dos apóstolos mediante a imposición das mans continuando unha cadea ininterrompida. Nel un presbítero constitúese en principio visible e fundamento dunha Igrexa Local. Nas Igrexas Ortodoxas, por riba dun bispo só está un Patriarca, na Igrexa Católica só está o Bispo de Roma en canto que sucesor de San Pedro Apóstolo, que preside o colexio episcopal.

Aínda que Paulo de Tarso só esixía que o bispo fora home "dunha soa muller", a praxe de elixir o pobo bispos de entre os monxes consolidou a norma de que todos sexan ceibes.

A muller e o sacerdocio

editar

A muller, en virtude do bautismo é sacerdote pois, ao igual que o varón, participa no sacerdocio universal dos fieis. Porén, agás na Igrexa Anglicana, onde avanza con polémica a súa incorporación ao sacerdocio singular, nas demais igrexas onde existe este sacramento é marxinada e se lle nega o recoñecemento deste carisma. Arguméntase que, entre os apóstolos escollidos por Xesús de Nazaret, só había varóns e que o sacerdocio non é un poder senón un servizo, polo que non existe discriminación. Tal posición suscita debates teolóxicos, particularmente na Igrexa Católica, cuxa xerarquía é acusada de perpetuar unha estrutura machista e patriarcal contraria á relación aberta que Xesús tivo coas mulleres segundo os Evanxeos.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar