Froila, Conde de Galiza

conde e rei de Galiza

Froila, conde de Galiza (en latín: Froilane Gallicie comite), tamén coñecido como Froila Vermúdez[1] ou Froila Xemúndiz,[2] nado contra 845 e finado probabelmente en 866, foi un nobre galego que se proclamou rei de Galiza nese 866, destronando efemeramente a Afonso III.

Infotaula de personaFroila, Conde de Galiza
Biografía
Nacementoc. 840 Editar o valor em Wikidata
Mortec. 866 Editar o valor em Wikidata (25/26 anos)
Monarca do Reino de Galicia
866 – 866
← Ordoño I de OviedoAfonso III de Oviedo →
Conde de Galicia
866 – Flacidio → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Galicia Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloConde
Rei de Galicia Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Aparece como conde de Lugo a comezos da década de 860.[2] É posíbel que estivese casado cunha filla de Ordoño I, feito que lle podería outorgar certa lexitimidade para acceder ao trono, tal como anteriormente acontecera con Silo e Nepociano.[3] Deste xeito, no ano 866, após a morte do devandito Ordoño I e a suba ao trono do seu fillo Afonso III, rebelouse contra o novo rei, proclamándose así rei de Galiza; atacou Oviedo e obrigou o rei a retirarse a Áraba. Non se teñen moitas noticias do seu reinado, que, en calquera caso, foi moi breve, na segunda metade do ano, e aínda que algúns historiadores o denominan Froila II, en xeral é excluído das cronoloxías do reino de Oviedo.[4] Coñécese, así e todo, que se fixo con Carcacía (Padrón), a cal foi devolta polo propio Afonso III á diocese de Iria en xaneiro do ano seguinte, cando Froila xa finara. Rei a tódolos efectos, só o seu asasinato por parte de partidarios de Afonso permitiu ao deposto rei recuperar o trono.[2]

Algúns autores dicían que procedía da liñaxe do rei Vermudo, aínda que este dato non é considerado probábel.[5] De feito, semella que o seu apelido era na realidade Xemúndiz no canto de Vermúdez, produto este último dunha lectura errada.[2]


Predecesor:
Afonso III
 Rei de Galiza 
866
Sucesor:
Afonso III

Notas editar

  1. López Teixeira, Xosé Antonio (2003). Arredor da conformación do Reino de Galicia (711-910). Trivium. Toxosoutos. p. 113. ISBN 84-95622-78-5. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Baliñas Pérez, Carlos (2009). "Rebeldes con causa: un análisis interpretativo de la conflictiva relación entre la nobleza gallega y los reyes de Asturias, ca. 750-910". Estudios en homenaje al profesor José M. Pérez García (en castelán). 1. Historia y Cultura. Universidade de Vigo. pp. 37–66, en 49–50. ISBN 978-84-8158-460-8. Froila Lemundi 
  3. Carriedo Tejedo, Manuel (2014). "La familia gallega del rey Alfonso Froilaz (926-931)" (PDF). Rudesindus (en castelán) (Academia Auriense-Mindoniense de San Rosendo) (9): 107–152, en 129. ISSN 2255-5811. 
  4. "Fruela, conde de Galicia". Enciclopedia de Oviedo (en castelán). 
  5. Historia general de España. Juan de Mariana, José Sabau y Blanco páx. 119

Véxase tamén editar

Bibliografía editar