José Piñeiro González

aviador galego

José Piñeiro González, coñecido como Aviador Piñeiro, nado en Mugardos o 15 de decembro de 1878 e finado en Santiago de Compostela o 3 de febreiro de 1927, foi un aviador galego.

José Piñeiro González
Estatua do aviador Piñeiro en Sanxenxo.jpg
Nacemento15 de decembro de 1878
Lugar de nacementoMugardos
Falecemento3 de febreiro de 1927
Soterradocemiterio de Boisaca
NacionalidadeEspaña
OcupaciónPiloto
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Estudou para maquinista mercante e despois instalouse en Sanxenxo onde montou unha fábrica de gasosas. En 1911 asistiu a unha exhibición de aviación nas festas da Peregrina en Pontevedra e decidiu vender a fábrica para marchar a Francia e formarse como piloto. Realizou as primeiras acrobacias en Ferrol o 6 de maio de 1913 durante a botadura do acoirazado Afonso XIII. Convidado pola colectividade galega da Arxentina e Cuba, realizou voos acrobáticos nos que incluíu o salto da morte. En decembro de 1914 realizou o primeiro voo invertido (looping the loop) en Cuba. De volta en España, tomou parte en varios concursos ata a súa retirada en 1921. Chegou a ser alcalde de Sanxenxo.

Realizou os seus voos acrobáticos cun avión de só 50 CV de potencia. Foi famosa a súa acrobacia denominada "O voo da gaivota", consistente en tocar cunha á o mar e volver levantar o voo.

Con el voou Elisa Patiño Meléndez, considerada a primeira galega piloto[1].

Galería de imaxesEditar

NotasEditar

  1. "Chichana Patiño, el hada de Piñeiro", artigo de Milagros Bará en Diario de Pontevedra, 4 de maio de 2016 (en castelán).

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar