Compañía de Tranvías da Coruña

empresa de transporte público da Coruña

A Compañía de Tranvías da Coruña, S.A. é unha empresa galega de transportes que proporciona o servizo de transporte público urbano na cidade da Coruña, en réxime de concesión municipal.

Compañía de Tranvías da Coruña

Autobús urbano
TipoSociedade Anónima
Fundación1 de xaneiro de 1903
LocalizaciónAvda. Gran Canaria, sn A Coruña Galicia Galiza
FundadorFamilia Prada Muradás[1]
Persoas claveJosé Antonio Prada[1]
IndustriaTransporte de viaxeiros
Beneficio22,3 millóns de euros (en 2013)[1]
Beneficio operativo4,7 millóns de euros (en 2013)[1]
Beneficio neto3,4 millóns de euros (en 2013)[1]
Número de empregados229 (en 2013)[1]
Na rede
https://www.tranviascoruna.com
editar datos en Wikidata ]

Historia e etapas

editar
 
Imaxe dun dos tranvías que circulaban polo paseo marítimo.

A Compañía de Tranvías foi creada en 1903 cun servizo entre Porta Real e a Estación de Norte mediante tranvías tirados por mulas. Tiña ramais a Riazor e ás cocheiras. Debido aos malos resultados económicos dos anos anteriores, en 1907 fíxose coa xestión do servizo unha compañía belga. Nese tempo instalouse unha vía dobre nos Cantóns para evitar a conxestión do tráfico nos cruzamentos e comezaron tamén as obras do ramal Travesía da Primavera (hoxe rúa do alcalde Marchesi) - Ponte de Monelos. A creba económica desta compañía fixo que a Compañía de Tranvías retomase a xestión dous anos despois.

Os primeiros proxectos de electrificación das liñas chegaron en 1911, de xeito que dous anos despois a tracción eléctrica substituíse por completo a tracción animal. Nese tempo, a frota de mulas acadaba a cifra de 50 cabezas. En 1915 comezouse a construír a liña a Sada.

En 1916 Pedro Barrié de la Maza, até entón membro do consello de administración, accedeu á presidencia.

O 31 de decembro de 1922 inaugurouse o tranvía ata Sada.[2][3]

Durante a guerra civil española paralizáronse os servizos durante un ano coas conseguintes perdas económicas.

En 1947 a compañía logrou o récord histórico de viaxeiros, con máis 16 millóns de persoas tranportadas[4]. Nesa década comezaron a desaparecer os tranvías, coa primeira liña servida por trolebús entre a Praza de Pontevedra e Monelos en 1948. En 1949 desapereceu a liña de tranvía pola rúa de Santo André e o último servizo de tranvía desapareceu en 1962. Tres anos despois chegou a primeira liña de autobús entre a Praza de Pontevedra e a Ponte Pasaxe substituíndo os trolebuses, que fixeron o último servizo en 1979.

A finais dos anos 80 tivo lugar unha das maiores reestruturacións das liñas debido á forte baixada do uso do bus urbano en favor do vehículo particular. Foi tamén nesa década cando se produciu a unificación cromática na carrocería dos buses que deu como resultado a característica cor vermella actual. Posteriormente, tamén se irían unificar, de xeito progresivo, a estética das marquesiñas.

Durante o mandato de Francisco Vázquez houbo o primeiro intento de implantación por parte do Concello dun carril bus pola rúa de Santo André, obra que finalmente sería retirada por mor das queixas veciñais. En 1997 inaugurouse a primeira liña de tranvía histórico (con dúas unidades en servizo, mais outra desde 2001) con fins turísticas que percorría o paseo marítimo entre o Castelo de Santo Antón e a Torre de Hércules e que dous anos despois foi estendido até a rotonda do paseo marítimo coa rúa Curros Enríquez.

A finais dos anos 90 o Concello puxo en marcha a primeira tarxeta con chip dixital de bonobús recargábel en colaboración con Caixa Galicia, motivo polo cal foron eliminados os billetes bono-bus vixentes até entón. Ademais, en 1998, puxéronse en servizo os primeiros autobuses adapatados para persoas con mobilidade reducida.

No primeiro lustro do século XXI o Concello puxo en marcha a tarxeta-moedeiro municipal multiúsos (carné das biliotecas municipas, pago da ORA, bonobús...) chamada Millennium. A instauración desta tarxeta multiúsos significou a progresiva desaparición da existente con anterioridade, de uso exclusivo para o pago de viaxes en bus. Após 2005, a tarxeta Millenium foi integrada no recentemente creado Sistema de Transporte Metropolitano de Galicia.

En 2003, co motivo do centenario da empresa o Concello inaugurou na rotonda de Porta Real un pequeno monumento conmemorativo. Este mesmo ano, introdúcese o sistema de control por satélite da frota.

Durante a etapa do goberno bipartito PSdeG-PSOE - BNG no Concello, foron introducidos importantes cambios e procesos de modernización:

  • Implantación de carrís bus polas vías avenida Xeneral Sanjurjo, rúa Federico Tapia, Praza de Pontevedra, rúa Santo André e rúa San Xoán que, se ben melloraron os tempos de viaxe das rutas afectadas, motivou as queixas de moitos comerciantes da zona centro.[5]
  • Supresión dos tornos que os pasaxeiros debían atravesar a fin de rexistrar a súa viaxe. Aparellada a esta medida, púxose a disposición dos viaxeiros que pagasen en metálico a entrega dun tícket-recibo que xustificaba o uso do servizo.
  • Instalación de carteis indicadores dinámicos nos exteriores de todos os buses.
  • Posta en uso da tecnoloxía "sen contacto" das tarxetas Millennium.
  • Instalación de "paradas intelixentes" na avenida do Xeneral Sanjurjo (Catro Camiños), rúa da Torre e Porta Real.
  • Galeguización de topónimos que foran historicamente deturpados.

Coa chegada do Partido Popular ao goberno municipal en 2011 varias das medidas anteriores foron anuladas e producíronse, de novo, importantes cambios:

  • Todos os tramos de carril bus, agás o da praza de Pontevedra, foron substuídos por "Vías Prioritarias Vixiadas", de nova creación.[6]
  • As paradas intelixentes, sen mantemento, foron eliminadas ao se considerar que o seu mantemento era insustentábel economicamente[7].
  • Suspéndese indefinidamente o tránsito do tranvía histórico entre Riazor e a rúa Curros Enríquez ao se atopar deficiencias técnicas na infraestrutura[8]. Con posterioridade, esta supresión indefinida do servizo sería estendida á totalidade do traxecto.
  • Co comezo das obras na Dársena da Mariña a fin de soterrar boa parte do tráfico rodado e humanizar a súa superficie, o Concello decide trasladar a histórica cabeceira —que era comezo ou fin de traxecto para moitas das liñas máis importantes da compañía— de Porta Real á contorna do hospital Abente y Lago. A medida terá moi boa acollida por parte da veciñanza, que verá ampliada a oferta prestada ao recinto hospitalario (de gran demanda) sen prexuízo dos servizos que xa se viñan a dar, motivo polo cal se reclamará o mantemento desta cabeceira tralo remate de ditas obras.
  • Implantación da primeira tarifa plana de bonobús [9].

En 2014 a empresa levou 20,9 millóns de viaxeiros[10].

Frota de autobuses

editar

Actualmente a CTC conta cunha frota estable e permanente de aproximadamente 93-94 autobuses (as incorporacións non engrosan a frota, senón que substitúen as unidades máis antigas). O patrimonio da empresa foi valorado en 2013 en 18 millóns de euros[1].

Renovación da frota

editar

En decembro de 2009 incorpóranse dez novas unidades MAN, con melloras en canto a accesibilidade para as persoas con mobilidade reducida e discapacitados, respecto ó medio ambiente tanto en emisións atmosféricas como no nivel de ruído, e visualización da información.

No mes de setembro de 2012, outros oito autobuses substitúen outros tantos da frota coruñesa. Trátase de autocares MAN, de novo deseño para o que estabamos acostumados e cunhas características técnicas e tecnolóxicas que veñen mellorar todo o anterior. Cinco deses buses son ríxidos e os tres restantes son articulados. Presentados o 25 de setembro en María Pita, ó día seguinte xa rodaban pola cidade.

Dentro das melloras e novidades máis salientables desta nova remesa, destaca a nova estética da carrozaría tipo Lion's City, a apertura electrónica das dúas portas traseiras, novos asentos e configuracións interiores, un novo sistema de ramplas de funcionamento máis fiable e o detalle estrela en canto á información visible para o usuario: os novos paneis de leds no frontal superior, con número (na súa cor correspondente) e as cabeceiras da liña de cada bus. Estes paneis xa se foron instalando progresivamente tamén en tódolos buses de anteriores xeracións en activo.

Máis recentemente, en 2014 e 2015, Tranvías da Coruña incorporou á frota 4 MAN máis e como aliciente, 12 unidades (3 delas articuladas) do novo e afamado modelo Citaro C2, da casa Mercedes Benz. Isto permite dar de baixa definitivamente ós tres últimos buses existente con escaleiras de acceso (tres articulados). Deste xeito, e xunto coa "accesibilización" (con ramplas manuais) de 13 dos máis antigos vehículos, pódese dicir xa que no 2016 a frota de autobuses de Tranvías da Coruña será ó fin 100% accesible.

Liñas en servizo

editar
Bus Urbano Liñas Compañía de Tranvías da Coruña
Liña Percorrido
  Hospital Abente y Lago - Praza Pablo Iglesias
  Hospital Abente y Lago - A Pasaxe, Santa Xema - Santa Cristina (Só no Verán)
  Hospital Abente y Lago - Os Castros
  Hospital Abente y Lago - Hospital de Oza - As Xubias
  San Pedro de Visma, Igrexa - Durmideiras
  San Pedro de Visma, Igrexa - Durmideiras
  Hércules, Mercado - Barrio das Flores
  Durmideiras - Espacio Coruña
  Hércules, Mercado - Meicende[11]
  Hércules, Mercado - Bens
  Hércules, Mercado - Ventorrillo, Centro de Saúde
  As Lagoas - Marineda City
  Emilio Glez.López, Manuel Azaña - CHUAC, glorieta - Materno Infantil
  Praza do Conservatorio - CHUAC, glorieta - Materno Infantil
  Emilio Glez.López, Manuel Azaña - Praza Pablo Iglesias
  Hércules, Mercado - CHUAC, glorieta - Materno Infantil
  Juan Flórez, 10 - A Pasaxe
  Juana de Vega - Novo Mesoiro
  Juan Flórez, 10 - A Pasaxe, Santa Xema
  Hospital Abente y Lago - Urbanización Breogán
  Hospital Abente y Lago - Urbanización Breogán
  Praza de Pontevedra, 18 - O Carón
  (Bus Moucho) Os Castros - Santa Catalina
  (Especial Universidade) Praza de Pontevedra, 18 - Campus da Zapateira, Filoloxía
*
Os buses das liñas 3, 6 e 23 intercámbianse cada mes cos das liñas 3A, 6A e 23A, respectivamente.[12]

Paradas

editar

A rede está formada por 592 paradas ao longo da cidade.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar