Praza de Pontevedra (A Coruña)
Coordenadas: 43°22′05″N 8°24′26″O / 43.368056, -8.407222
A praza de Pontevedra é un espazo público da cidade da Coruña e sitúase entre a rúa de San Andrés e a Avenida de Pedro Barrié de la Maza, moi preto das praias urbanas do Orzán e Riazor.
Historia
editarA principios do século XX a praza era o lugar de contratación de labregos para marcharen á sega a outras rexións.
A praza recibiu diferentes nomes ata que en 1910 o concello os unificou no actual, suprimindo os de Praza do Instituto, Campo de Carballo e Porta da Torre de Arriba.[1]
Pablo Picasso pasou parte da súa infancia nela, xa que é alí onde estaba o seu instituto e a escola de Belas Artes, onde estudou cando residía na Coruña coa súa familia.
Arquitectura
editarAmais do instituto e das escolas da Guarda, obra do arquitecto Faustino Domínguez Coumes-Gay, é salientábel tamén a Casa Salorio, edificio de estilo ecléctico[2] con trazos modernistas,[3] obra de Antonio López Hernández.[4]
A casa Escariz (1925-1930), de Eduardo Rodríguez-Losada Rebellón,[5] ten decoracións inspiradas no mundo clásico.[6]
O monumento a Eusebio da Guarda, de Elías Martín Riesco, inaugurouse en 1891.[7]
Galería de imaxes
editar-
Monumento homenaxe a Picasso
-
Casa Escariz
-
Escolas da Guarda
Notas
editar- ↑ Llamadla solo Plaza de Pontevedra
- ↑ "Casa Salorio". Turgalicia. Consultado o 21 de novembro de 2015.
- ↑ "A arquitectura modernista". Coruña Turismo. Consultado o 21 de novembro de 2015.
- ↑ "Casa Salorio". Concello da Coruña. Arquivado dende o orixinal o 22 de novembro de 2015. Consultado o 21 de novembro de 2015.
- ↑ Garrido Moreno, Antonio. La galería gallega: una tipología tradicional en permanente evolución (PDF) (en castelán). Anuario Brigantino. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12 de xullo de 2020. Consultado o 6 de decembro de 2015.
- ↑ Casa Escariz
- ↑ Soraluce Blond, José Ramón. La construcción del instituto Eusebio da Guarda en el Ensanche de A Coruña (en castelán).
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Praza de Pontevedra |
A Galipedia ten un portal sobre: A Coruña |
Bibliografía
editar- García López, Alfonso (2009). Calles con historia (en castelán). A Coruña: Espacio Cultura. ISBN 978-84-938089-1-4.