Gonzalo Sánchez
Conde galego
Gonzalo Sánchez, nado arredor de 920, foi un conde galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 920 ![]() |
Morte | Despois de 970 ![]() |
Actividade | |
Período de actividade | 956 ![]() ![]() |
Traxectoria
editarEn 956, ou en 958, rebelouse contra Sancho I de León, o Craso.
Foi xefe dos exércitos na fronteira da actual Galiza contra os musulmáns.
Sobresae pola derrota que inflixiu ao exército de Gunrod de Noruega o cal permaneceu preto de tres anos en terras galegas, matando e saqueando, pero cando regresaron ás súas naves cargados con botín e prisioneiros foron interceptados polo conde Gonzalo que conseguiu vencelos nos arredores da ría de Ferrol, no ano 970, dando morte a Gunrod de Noruega, o seu sækonungr,[1] e tamén queimou a maioría das súas naves e executou a todos os viquingos.[2]
Notas
editar- ↑ Xefe viquingo. Literalmente 'rei do mar'.
- ↑ Eduardo Morales Moreno: Los vikingos en España. Revista Historia de Iberia Vieja, n.º 12, Madrid: HRH Editores, 2006.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Gustavo Fabra Barreiro. Los Gallegos (en castelán). ISBN 8470900064
- Ramón Otero Pedrayo. Guía de Galicia. ISBN 9788471543653