Revolta das Pedradas

A Revolta das Pedradas ou Revolta do Pan foi unha protesta popular de inicios do século XX que se produciu en marzo de 1918 en Trasancos, dende Valdoviño a Pontedeume.[1]

Ás vítimas da Revolta das Pedradas en Sedes, Narón.

As protestas baseábanse na suba de prezos e impostos ós labregos, que eran moi superiores aos que pagaban os comerciantes.

Historia editar

 
Traballadoras da fábrica de téxtil de Xuvia en 1919, o ano seguinte á revolta.[1]

O inicio da primeira guerra mundial supuxo unha importante oportunidade de negocio para España, que se mantivo á marxe do conflito. A venda de materias primas aos países en guerra permitiu un crecemento económico que prexudicaba os máis pobres, xa que incrementou os prezos dos alimentos.[2]

En 1913 inaugurouse o tren a Ferrol o que supuxo a chegada de produtos do interior, deixando os labregos sen mercado para os seus. As protestas iniciáronse na feira de Xuvia e nas vilas de Neda e Narón os días 8 e 9 de marzo de 1918. Josefa Noval Luaces e Rosa Tenreiro Ameijeiras foron feridas por tiros. En protesta as mulleres cortaron os accesos a Ferrol e lanzaron pedras contra os establecementos dos especuladores. En Ferrol o día 11 morreu Juan Torres (de 12 anos) e Valentín Dapena Pereira de 16 anos e traballador do Arsenal. Ás protestas sumáronse as traballadoras da fábrica téxtil de Xuvia, que protestaban pola perigosidade do seu traballo, as malas condicións laborais e os baixos salarios.

O día 13 de marzo na Feira do Trece de Sedes continúan as protestas acusando o alcalde de Narón de especular co prezo do trigo no seu establecemento. A Garda Civil e tropas de infantaría e cabalaría, mandadas polo tenente Pedro Alcaide disparan contra os manifestantes. Houbo canda menos cinco mortos: Francisco Delgado Vilanova, Valentín Muíño, Manuel Romero Romero e María González e Fernández. Esa mesma tarde o concello fixo público un comunicado:

vandálico atropelo do que foi vítima o señor alcalde na súa propiedade por parte duns cantos bandidos que enarborando a bandeira da fame trataban de saquear o seu establecemento

O día seguinte seis mil traballadores dos estaleiros foron en manifestación dende Ferrol ata Sedes. O 18 de marzo os soldados iniciaron a retirada. En abril, o Goberno decretou unha amnistía, había 30 mulleres no cárcere.

Os sindicatos axudaron os labregos a organizarse en sindicatos e cooperativas. Xurdiron así as cooperativas de Pedroso, Sedes, San Mateu ou Castro.

Revoltas semellantes contra a ditadura de Primo de Rivera houbo en Oseira, Nebra ou Sobredo (Guillarei).

En 1933 fíxose un monumento en memoria dos mortos na Feira do Trece de Sedes. En 1936 foi destruído por falanxistas. En 2019 a veciñanza de Sedes fíxolles unha homenaxe ás mulleres que secundaron a revolta.[3]

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar