Sobredo, Guillarei, Tui
Sobredo é un lugar da parroquia de Guillarei, no concello pontevedrés de Tui, na comarca do Baixo Miño. Segundo o padrón municipal de habitantes do Instituto Galego de Estatística no ano 2019 tiña 210 habitantes (101 homes e 109 mulleres), un descenso de 26 habitantes respecto ao ano 1999.
Sobredo | |
---|---|
Parroquia | Guillarei |
Concello | Tui |
Coordenadas | 42°04′55″N 8°36′50″O / 42.081880081298, -8.6137831592088 |
Poboación | 209 hab. (2019) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarA primeira mención histórica a este lugar é do 1095, co nome de Sobereto[1].
Mártires de Sobredo
editarArtigo principal: Mártires de Sobredo
O 28 de novembro de 1922, Cándida Rodríguez González, embarazada e veciña de Pazos de Reis, Joaquín Besada, de Soutelo, e Venancio González Romero, de Budiño, foron asasinados a tiros pola Garda Civil por defender un veciño contra o pagamento dos foros.
Patrimonio
editar- Monumento aos Mártires de Sobredo[2]: monumento dedicado aos mártires construído en 1988. Houbo outro monumento anterior edificado en 1931, pero este foi dinamitado polos franquistas durante a represión franquista dos anos 30. Nel celébrase unha homenaxe aos tres mártires cada 28 de novembro.
Lugares e parroquias
editarLugares de Guillarei
editarLugares da parroquia de Guillarei no concello de Tui (Pontevedra) | |
---|---|
Albelos | A Arrotea | O Calvario | As Cegoñeiras | Eidos | A Estación | A Fenteira | A Fonte | A Gándara | A Igrexa | A Millada | O Outeiro | As Penizas | As Peteiras | A Pinza | O Pombal | A Ponte Nova | Ribe | Rodas | Sobredo | O Souto | A Teixugueira | A Torre |
Parroquias de Tui
editarNotas
editar- ↑ Martínez Sigüenza, X. (2010). As parroquias de Tui –síntese histórica–. Revista de Estudios Provinciais Nº 19, Deputación de Pontevedra.
- ↑ "Monumento aos Mártires de Sobredo". Patrimonio Galego. Consultado o 2020-09-29.