Pexegueiro, Tui

parroquia civil do concello de Tui

San Miguel de Pexegueiro é unha parroquia que se localiza no concello de Tui. A parroquia está situada no val do Río Furnia, na parte noroccidental do concello. Limita ao norte con Malvas, ao leste con Randufe e Areas (as tres parte co concello de Tui) e ao sur e oeste co concello de Tomiño.

Pexegueiro
Igrexa de San Miguel de Pexegueiro.
ConcelloTui[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°02′15″N 8°41′57″O / 42.03756238, -8.69925018
Poboación454 hab. (2019)
Entidades de poboación15[1]
editar datos en Wikidata ]
Mapa das parroquias de Tui

Demografía

editar

Segundo o padrón municipal de 2019 tiña 454 habitantes (258 mulleres e 254 homes), distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 521 habitante.

Evolución da poboación de Pexegueiro, Tui dende 1877
1999 2003  2007 2011 2015 2019
521 512 496 483 457 454
Fontes: Nomenclátor do IGE Arquivado 09 de maio de 2020 en Wayback Machine.

Historia

editar

Nesta parroquia houbo durante a Idade Media un mosteiro beneditino que aparece citado na documentación histórica xa desde o século X. O topónimo da parroquia aparece na documentación medieval coma Persegario, Pesigario ou Persecario[2][3].

Patrimonio

editar

Posúe unha igrexa románica con engadidos posteriores, incluído a ábsida que data do século XVIII. No interior destacan unha enorme pía bautismal tamén románica e os retablos barrocos.

División eclesiástica

editar

Eclesiasticamente, pertence ó arciprestado de Tui-Entenza, na diocese de Tui-Vigo.[4]

Galería de imaxes

editar

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Pexegueiro

editar
Lugares da parroquia de Pexegueiro no concello de Tui (Pontevedra)

Carraveda | A Corredoura | A Fonte Seca | O Foxo | A Marco da Fontenla | O Monte | Mosteiro | Palláns | A Pereira | A Regueira | Saídes | A Salgosa | O Souto | Vilanova | Vilapouca

Parroquias de Tui

editar
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Tui

Areas (Santa Mariña) | Baldráns (Santiago) | Caldelas de Tui (San Martiño) | Guillarei (San Mamede) | Malvas (Santiago) | Paramos (San Xoán) | Pazos de Reis (O Sagrario) | Pexegueiro (San Miguel) | Randufe (Santa María da Guía) | Rebordáns (San Bartolomeu) | Ribadelouro (Santa Comba) | Tui (O Sagrario)

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar