Areas, Tui
Santa Mariña de Areas é unha parroquia que se localiza no concello de Tui. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 742 habitantes (371 mulleres e 371 homes), distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 700 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación medrara ata os 816 habitantes, sendo 398 homes e 418 mulleres.
Areas | |
---|---|
![]() Igrexa parroquial | |
Concello | Tui[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°01′55″N 8°39′42″O / 42.03194444, -8.66166667Coordenadas: 42°01′55″N 8°39′42″O / 42.03194444, -8.66166667 |
Poboación | 816 hab. (2014) |
Entidades de poboación | 7[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
HistoriaEditar
A parroquia, situada á beira do río Miño, aparece documentada en 1112, na doazón deste lugar á igrexa de Tui por parte da raíña dona Urraca. En 1095 aparece documentado o lugar de Anta.
A súa igrexa parroquial foi reedificada no século XIX. O pazo da Bouza Valada, reconstruído en 1790 segundo unha inscrición na súa entrada, conta cunha ermida adicada á Nosa Señora das Marabillas.
Na parroquia atópase o viveiro forestal fundado en 1906 polo enxeñeiro de montes Rafael Areses, que conta cun amplo patrimonio botánico con numerosas especies arbóreas.
Lugares de AreasEditar
Lugares da parroquia de Areas no concello de Tui (Pontevedra) | |
---|---|
Anta | O Atrio | A Bouza Valada | O Carballo | Os Gaios | O Regueiro | A Toxeira |