Rebordáns, Tui

parroquia civil do concello de Tui

San Bartolomeu de Rebordáns é unha parroquia que se localiza no concello de Tui. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 1.152 habitantes (608 mulleres e 544 homes), distribuídos en 15 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 1.113 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación medrara ata os 1.198 habitantes, sendo 574 homes e 624 mulleres.

Rebordáns
Igrexa de San Bartolomeu de Rebordáns.
ConcelloTui[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°04′00″N 8°40′15″O / 42.0666165, -8.6708309
Poboación1.198 hab. (2014)
Entidades de poboación15[1]
editar datos en Wikidata ]

Patrimonio

editar

A igrexa de San Bartolomeu de Rebordáns foi construída sobre unha antiga necrópole romano-sueva, situada a carón da vía XIX do itinerario de Antonino. O templo actual é do século XII, pero conserva vestixios anteriores. En 1071 foi elixida como sé episcopal do bispado de Tui polo rei García, logo de ser saqueada Tui nos ataques normandos. Estivo ligada a un mosteiro beneditino até o 30 de novembro de 1225.

Ten planta basilical de tres naves con tres ábsidas, de forma rectangular os laterais e semicircular o central, cubertos con bóvedas de canón, e rematada en cascarón a bóveda da ábsida central. O teito das naves é de madeira.

A fachada orixinal foi substituída na Idade Moderna pola neoclásica actual. Ten capiteis historiados e pinturas murais do século XVII, descubertas na ábsida. No altar maior consérvase unha escultura de pedra policromada de San Bartolomeu de estilo románico, atopada baixo o pavimento da capela maior.

O bispo Diego Xelmírez levou do templo as reliquias de San Froitoso á catedral de Santiago de Compostela, xunto coas doutros santos veneradas na diocese de Braga.[2]

Xunto á igrexa hai un cruceiro de 1770.

Véxase tamén

editar

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Rebordáns

editar
Lugares da parroquia de Rebordáns no concello de Tui (Pontevedra)

O Arroio | Curuxeiras | A Devesa | O Foxo | Funchal | Laranxeiras | A Lavandeira | A Manteigada | O Montiño | O Outeiro | Paredes | Pexegueira | O Telleiro | Vilanova | O Virxe do Camiño

Parroquias de Tui

editar
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Tui

Areas (Santa Mariña) | Baldráns (Santiago) | Caldelas de Tui (San Martiño) | Guillarei (San Mamede) | Malvas (Santiago) | Paramos (San Xoán) | Pazos de Reis (O Sagrario) | Pexegueiro (San Miguel) | Randufe (Santa María da Guía) | Rebordáns (San Bartolomeu) | Ribadelouro (Santa Comba) | Tui (O Sagrario)

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar