O Virxe do Camiño, Rebordáns, Tui
O Virxe do Camiño [1] é un lugar da parroquia de Rebordáns no concello pontevedrés de Tui na Comarca do Baixo Miño. Segundo o IGE en 2013 tiña 83 habitantes (43 homes e 40 mulleres), dez menos ca en 2010 e nove menos ca en 2004.
O Virxe do Camiño | |
---|---|
Parroquia | Rebordáns |
Concello | Tui |
Coordenadas | 42°03′57″N 8°38′27″O / 42.065872, -8.6407162 |
Poboación | 143 hab. (2013) |
[ editar datos en Wikidata ] |
O lugar está situado a carón do Camiño Portugués. Recibe o seu nome pola capela da Virxe do Camiño, construída no século XVIII sobre os restos doutra anterior. No museo da Catedral de Tui consérvase unha imaxe pétrea policromada procedente desta capela. É unha peza do século XII ou XIII adicada á Virxe do O, dándolle o peito ao neno. Segundo a tradición, a talla foi agochada pola veciñanza ante o avance dos mouros, e ao ser atopada de novo decidiuse construír un templo para custodiala[2].
Notas
editar- ↑ Nótese que no Nomenclátor figura como O Virxe do Camiño.
- ↑ Capela da Virxe do Camiño na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
Lugares e parroquias
editarLugares de Rebordáns
editarLugares da parroquia de Rebordáns no concello de Tui (Pontevedra) | |
---|---|
O Arroio | Curuxeiras | A Devesa | O Foxo | Funchal | Laranxeiras | A Lavandeira | A Manteigada | O Montiño | O Outeiro | Paredes | Pexegueira | O Telleiro | Vilanova | O Virxe do Camiño |