Rafael Areses Vidal

enxeñeiro de montes galego

Rafael Areses Vidal, nado en Tui en 1878 e finado o 7 de decembro de 1953[1], foi un enxeñeiro de montes galego.

Infotaula de personaRafael Areses Vidal

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1878 Editar o valor em Wikidata
Tui, España Editar o valor em Wikidata
Morte7 de decembro de 1953 Editar o valor em Wikidata (74/75 anos)
Lugar de sepulturaCemiterio de Santo Amaro de Pontevedra Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónenxeñeiro forestal Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosJosefina Areses Pérez Editar o valor em Wikidata
Premios

Traxectoria editar

 
Lápida no panteón familiar no Cemiterio de Santo Amaro de Pontevedra.

En 1902 ingresou no Corpo de Enxeñeiros de Montes. Como membro do Distrito Forestal de Pontevedra-A Coruña promoveu a reforestación do monte Aloia, creando en 1906 o Viveiro Forestal de Areas, no monte de Seixos Albos, o primeiro das súas características de Galicia. En 1909 encetou as primeiras plantacións oficiais en Oia, Tui, A Guarda (no monte de Santa Trega), Baiona ou Ponteareas, malia contar cunha importante oposición veciñal pola diminución das zonas dedicadas ao pasto. As subministracións dende este viveiro forestal impulsaron a extensión dos piñeiros en Galicia.

En 1917 foi trasladado ao Distrito de Ourense-Lugo, continuando a súa angueira de promoción da repoboación mediante a creación de viveiros e casas forestais. Formou parte do comité organizador do Congreso Forestal Galego de 1920 para o que preparou unha Memoria Técnica que incorporaba o Plan Provincial para a Repoboación Forestal de Pontevedra. A partir de 1927 dirixiu a execución do mesmo a instancias da Deputación de Pontevedra, presidida por Daniel de la Sota.

Logo da Guerra Civil ocupou diversos cargos en Madrid e Valencia, sendo nomeado en 1945 Presidente de Sección do Consello Superior de Montes.

Rafael Areses salientou polo seu compromiso no estudo e a divulgación da riqueza forestal de Galicia. Promoveu repoboacións baseadas en especies de crecemento rápido e quendas de curta curtos, especialmente cos diversos tipos de piñeiros. Porén, a súa concepción dun monte cun espazo de desfrute público vinculado a un aproveitamento forestal e o desenvolvemento económico conseguinte, é unha idea moi próxima aos actuais conceptos de sostibilidade.

Ten adicada unha rúa na cidade de Pontevedra, "Paseo Enxeñeiro Rafael Areses", que percorre a beira do río Lérez xunto ao Pazo da Cultura.

Obras editar

  • Proyecto para la repoblación de los montes públicos, 1926.
  • Los incendios en los montes públicos, 1929.
  • Historia de un Herbario, 1948.

Notas editar

  1. Boletín de novidades. Volume V, número 2, Febreiro 2.010. Domingo Quiroga. Centro de extensión universitaria e divulgación ambiental de Galicia

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar