A Toxeira, Areas, Tui
lugar da parroquia de Areas no concello de Tui
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: A Toxeira.
A Toxeira é un lugar da parroquia de Areas, no concello pontevedrés de Tui, na comarca do Baixo Miño. Segundo o padrón municipal de habitantes do Instituto Galego de Estatística no ano 2019 tiña 126 habitantes (91 homes e 108 mulleres), o que supón un aumento de 36 habitantes respecto ao ano 2000.
A Toxeira | |
---|---|
Parroquia | Areas |
Concello | Tui |
Coordenadas | 42°01′53″N 8°40′09″O / 42.031393014319, -8.6690938635395 |
Poboación | 126 hab. (2019) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Patrimonio
editarO elemento patrimonial máis destacado do barrio é o Viveiro Forestal. Este edificio foi fundado polo enxeñeiro de montes Rafael Areses en 1906 co obxectivo de fornecer árbores ás incipientes reforestacións nos montes galegos[1][2]. Na actualidade segue en funcionamento.
Lugares e parroquias
editarLugares de Areas
editarLugares da parroquia de Areas no concello de Tui (Pontevedra) | |
---|---|
Anta | O Atrio | A Bouza Valada | O Carballo | Os Gaios | O Regueiro | A Toxeira |
Parroquias de Tui
editarNotas
editar- ↑ "Viveiro forestal de Areas". Patrimonio Galego. Consultado o 2020-09-24.
- ↑ Martínez Sigüenza, X. (2010). As parroquias de Tui –síntese histórica–. Revista de Estudios Provinciais Nº 19, Deputación de Pontevedra.