Soutelo, Salceda de Caselas
parroquia civil do concello de Salceda de Caselas
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Soutelo.
San Vicente de Soutelo é unha parroquia que se localiza no concello de Salceda de Caselas. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 449 habitantes (227 mulleres e 222 homes), distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 457 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación medrara ata os 479 habitantes, sendo 249 homes e 230 mulleres.
Soutelo | |
---|---|
![]() Igrexa parroquial. | |
Concello | Salceda de Caselas[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°04′30″N 8°36′43″O / 42.0751155, -8.6119473Coordenadas: 42°04′30″N 8°36′43″O / 42.0751155, -8.6119473 |
Poboación | 479 hab. (2014) |
Entidades de poboación | 9[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Lugares de SouteloEditar
Lugares da parroquia de Soutelo no concello de Salceda de Caselas (Pontevedra) | |
---|---|
Os Agros | O Casal | A Igrexa | O Madorro | O Mallón | O Outeiriño | Sobredo | O Torreiro | O Toural |