A Feira do Trece, Sedes, Narón
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2016.) |
A Feira do Trece é un lugar da parroquia de Sedes no concello de Narón na provincia da Coruña. Tiña 29 habitantes no ano 2015 segundo datos do Instituto Galego de Estatística dos cales eran 15 homes e 14 mulleres.
A Feira do Trece | |
---|---|
Campo da Feira do Trece. | |
Parroquia | Sedes |
Concello | Narón |
Coordenadas | 43°33′30″N 8°08′35″O / 43.55829, -8.143Coordenadas: 43°33′30″N 8°08′35″O / 43.55829, -8.143 |
Poboación | 29 hab. (2015) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Neste lugar sitúase o último campo da feira que aínda ten tal uso en Narón, onde teñen lugar varias feiras como a Feira do cabalo ou a do can de caza.
Historia
editarO 13 de marzo do ano 1918 e coincidindo co día da feira prodúcese unha revolta veciñal coñecida como a Revolta das Pedradas diante do establecemento comercial do alcalde para protestar polas inxustizas cometidas no repartimento de consumos entre os veciños e os desproporcionados impostos que sufrían os labregos, chegando a pagar 40 veces máis que o propietario dun comercio. Logo do lanzamento de varias pedras, chámase á Garda Civil e esta remata coas protestas despois de deixar 6 mortos e varios feridos. A revista Nós fixo unha denuncia de tales feitos.
Lugares e parroquias
editarLugares de Sedes
editarLugares da parroquia de Sedes no concello de Narón | |
---|---|
Os Barreiros | A Borrallada | O Camiño | O Camiño Novo | O Carballo | O Cucheiro | Eiravedra | A Feira do Trece | Figueiras | O Freixido | A Gándara | Guiove | Lagoela | Martianes | O Pazo |A Pedreira | O Pereiro | Placente | Prados | O Rapadoiro | A Revolta | O Río da Lousa | A Rocha | Sabín | O Salgueiral | As Salgueiras | Vilallonte |