Campo da feira

espazo das vilas no que se celebran transaccións comerciais

O campo da feira é o espazo que tradicionalmente se vén reservando nas vilas galegas para levar a cabo transaccións comerciais. Consiste nunha explanada despexada [1] na que os comerciantes se instalan provisionalmente, xa que non están adicados a albergar instalacións permanentes.

Campo da feira de Albarón en Santa María de Neda no concello de Neda
Campo da Feira do Trece en Sedes, Narón

Neles adoitan celebrarse os mercados, así coma feiras temáticas, maioritariamente relacionadas co agro. Así mesmo, tamén poden empregarse para desenvolver actividades culturais ou deportivas [2], sobre todo as que deben desenvolverse ao aire libre. Por mor da expansión urbana, moitos deses campos convertéronse en soares, pasando así a ser edificables e perdendo polo tanto a súa función orixinaria.

Galería de imaxesEditar

NotasEditar

  1. "Características do campo da feira de Carballo" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de decembro de 2007. Consultado o 07 de outubro de 2008. 
  2. Carral acoge el domingo un Clínic de Ciclismo en el Campo da Feira

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar