Cesantes, Redondela
San Pedro de Cesantes é unha parroquia que se localiza no concello de Redondela. A parroquia de Cesantes limita ao Norte con Soutoxuste (O Viso, Redondela), ao leste coa parroquia do Viso, ao sur con Redondela e ao oeste coa ría de Vigo. Abarca, á parte do territorio peninsular, as illas de San Simón e San Antón. Nos tempos nos que era maioritariamente poboada por mariñeiros, popularmente era coñecida polo nome de "Os-Tras", que subsiste aínda entre a xente maior e nalgúns rótulos comerciais.
Cesantes | |
---|---|
Concello | Redondela[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°18′36″N 8°36′43″O / 42.31, -8.612 |
Área | 12 km² |
Poboación | 3.370 hab. (2017) |
Densidade | 280,83 hab./km² |
Entidades de poboación | 5[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Os seus principais barrios son Outeiro das Penas, Carballiño, O Coto e San Pedro, pero podemos atopar subzonas coma A Pantalla, Catapeixe ou Couto do Mexo, ademais da illa de San Simón, que administrativamente pertence a Cesantes. A parroquia ten unha extensión aproximada de 12 km². A pesar de ser unha vila costeira conta cun relevo bastante irregular. A superficie arbórea rolda o 5 por cento e a parroquia é atravesada polo río Pexegueiro. Ten porto propio, lonxa e unha confraría de Pescadores, a confraría de San Xoán. Ademais aloxa un porto deportivo e un peirao.
Xentilicio
editarO seu xentilicio é cesantino[2].
Toponimia
editarO nome de Cesantes podería derivar da palabra celta "cee" (peirao) e "sanctes" (santo).
Lugares de Interese
editarA parroquia de San Pedro de Cesantes contén un gran número de zonas de interese natural, ao estar integrada no fondo da Ría de Vigo.
Enseada de San Simón
editar- Véxase tamén: Illa de San Simón e Enseada de San Simón.
A Enseada de San Simón na que se atopa a Illa de San Simón e a Illa de San Antón, coa estatua na honra de Jules Verne que na súa novela 20.000 leguas de viaxe submarino relatou a súa estadía no fondo da Ría de Vigo, son dous dos atractivos naturais da parroquia.
Praia de Cesantes
editar- Véxase tamén: Praia de Cesantes.
O complexo da praia de Cesantes está integrado polo areal (duns 2.400 m de longo), un paseo marítimo e un espazo con dunas protexido en vías de recuperación. Esta praia é unha das poucas que se atopan entre as cidades de Pontevedra e Vigo, polo que no verán é moi concorrida polos bañistas. As súas augas tranquilas e libres das ondas propias do Atlántico fan que esta praia sexa axeitada para a práctica de deportes acuáticos coma o windsurf ou o kytesurf.
Poboación
editarCesantes tiña 3.467 habitantes no ano 2010 segundo datos do Instituto Galego de Estatística, dos cales 1.694 eran homes e 1.773 mulleres, distribuídos en catro entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 3.387 habitantes. A maioría desa poboación dedícase a actividades propias dunha vila mariñeira, tales como a pesca, o marisqueo ou o turismo.
Outros datos
editarAs festas máis importantes na parroquia son as Festas da Virxe do Carme, festa relixiosa e a Festa do Mariñeiro, de tipo gastronómica. As Festas do Carme celébranse o 21, 22 e 23 de xuño e destacan a procesión marítima da virxe e a tirada de fogos de luces.
A Festa do Mariñeiro, normalmente celebrada a mediados de agosto, consiste nunha gran fideuá que poden degustar todos os asistentes. Outra festa relixiosa importante é a Festa de San Pedro, na honra do patrón do pobo, ao que lle dá nome. Outros actos a destacar son a Travesía a nado ata a Illa de San Simón, na que se procede a un percorrido de 500 metros dende a praia ata a illa.
Cesantes ten varias asociación coma o Centro Cultural Recreativo, o club de Remo Cesantes ou un obradoiro de estudos locais que realiza actividades na parroquia, chamado Obradoiro de Estudos Locais, creado por familiares de Fernando Monroy.
A gran tradición mariñeira da parroquia viuse afectada pola traxedia do barco O'Bahía no 2004, no que morreron varios veciños da parroquia e aos que se lles dedicou un monólito na praia de Cesantes.
Lugares e parroquias
editarLugares de Cesantes
editarLugares da parroquia de Cesantes no concello de Redondela (Pontevedra) | |
---|---|
O Carballiño | O Coto | Outeiro das Penas | San Pedro | San Simón |
Parroquias de Redondela
editarNotas
editar- ↑ 1,0 1,1 Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.
- ↑ "Xentilicios_0.pdf" (PDF). p. 25. Consultado o 22 de xullo de 2021.