Diego Sarmiento de Acuña

diplomático español

Diego Sarmiento de Acuña, conde de Gondomar, nado en Astorga o 1 de novembro de 1567 e finado en Haro (A Rioxa) o 2 de outubro de 1626, foi un nobre galego coñecido como o "Maquiavelo español".

Modelo:BiografíaDiego Sarmiento de Acuña

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1 de novembro de 1567 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Astorga, España Editar o valor en Wikidata
Morte2 de outubro de 1626 Editar o valor en Wikidata (58 anos)
Haro, España Editar o valor en Wikidata
Ambassador of Spain in the Archduchy of Austria (en) Traducir
Embaixador do Reino de España no Reino de Inglaterra
Embaixador
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndiplomático Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloConde Editar o valor en Wikidata
CónxuxeConstanza de Acuña Editar o valor en Wikidata
FillosQ113918014 Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEncyclopædia Britannica Editar o valor en Wikidata
BNE: XX952450

Traxectoria

editar
 
Estatua en Gondomar, coa lenda:
"Don Diego
Sarmiento
de Acuña
1er Conde de
Gondomar
Diplomático
Defensor
das letras
e Amante
de Galicia."
.

Era fillo de García de Sarmiento. Foi gobernador da fortaleza de Baiona en 1595, corrixidor de Toro e Valladolid e notario maior de Toledo.

Entre 1613 e 1618, e entre 1620 e 1622, foi embaixador en Inglaterra de Filipe III e do seu fillo Filipe IV. Neste labor gañou a amizade do rei Xacobe I, propiciando para a Coroa española importantes acordos e estables equilibrios internacionais.

En 1616 defendeu o Val Miñor dos ataques do corsario Francis Drake, polo cal foi nomeado conde de Gondomar polo rei Filipe III o 12 de xuño de 1617, co apoio do Consello de Estado.

Posicionamentos verbo do Reino de Galicia: a recuperación do voto na Cortes de Castela

editar

Foi membro do Consello de Estado 1623. Foi nomeado Gobernador-Capitán Xeneral de Galicia en 1625 mais non chegou a tomar posesión.[1]

Defendeu para o Reino de Galicia o voto nas Cortes de Castela. Tras un século de peticións Filipe IV de España e, pola Real Cédula de 5 de febreiro de 1623, concedeu o voto a Galicia nas Cortes de Castela. Galicia estivera integrada ata entón na provincia de Zamora, e foi a primeira en romper a resistencia dos privilexiados nas Cortes de Castela. Galicia inaugurou un sistema de voto plural e alternativo, pois este voto para a nova provincia galega non se concedía a unha única cidade, senón ás capitais das sete provincias: Betanzos, A Coruña, Lugo, Mondoñedo, Ourense, Santiago e Tui. Unha característica propia da representacion galega sería a súa pronunciada natureza aristocrática, nunha asemblea onde non era habitual a presenza da alta nobreza. Este sería o caso, nas Cortes de 1649, cos condes Altamira e Monterrei[2].

Deseñou políticas de defensa militar fronte aos ataques que sufría o litoral galego. Os proxectos tiñan unha dobre vertente: fortificación de determinados puntos e construción dunha escuadra pola Xunta do Reino de Galicia. Os cen mil ducados que se dedicaron a pagar a devolución do voto en Cortes investíronse nesta frota. Deixou especial pegada en Baiona.

Galego de dimensión internacional, sempre arelou manter os seus vencellos con Galicia; nunha carta de 1622 escribe: no ay jardines ni florestas en Inglaterra, como los robles y castaños de Gondomar.

As cartas

editar

Del consérvanse máis de 15.000 cartas, que nos permiten coñecer os recunchos da diplomacia e as relacións políticas e sociais da época. Tamén se conservan dirixidas a el en galego, porque os destinatarios sabían que o conde tiña en estima esta lingua. En total, foron publicadas dez cartas en galego no proxecto Gondomar,[3] dos seguintes remitentes (ordenadas cronoloxicamente):

  • Pedro Obeso de Oriona 1596
  • Lope Gallo de Avellaneda 1596
  • Juan de Lanzós y de Andrade 1598
  • María Moscoso y Sotomayor 1604
  • Sanjuan de Amorín 1605
  • Diego Sarmiento de Sotomayor 1605, 1605
  • Beatriz da Serra 1603 1603
  • Rodrigo Moscoso y Sandoval 1619
De enpregarme en causas de seu serviço con muyta certeça que ninguen con tanta vontade como eu aservirá, que en miña conciança que, quando eu non tibera a obrigaçon que o mundo save pola nobreça que en Vmd ("vosa mercede") coñeço o fijera A esos meus señores seus fillos de Vmd e primos meus ueyjo infinitas ueçes as mans e deus os faga en todo seus fillos de Vmd e de miña senara Dona Costança. A quens garde noso señor como eu seu criado desejo. Çamora, oje, sabado. Seu sobriño de Vmd. Don Juan de Lanços y de Andrade
—Ano 1598. Carta en galego remitida a Diego Sarmiento de Acuña

Galería de imaxes

editar
  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 20 de xaneiro de 2012. Consultado o 31 de decembro de 2014. 
  2. Domínguez Martínez, Antonio (1961). “Concesiones de votos en Cortes a ciudades castellanas”. En: Anuario de Historia del derecho español, nº 31, pp.175-186.
  3. "Rosario Álvarez / Ernesto González Seoane (eds.) (2017), Gondomar. Corpus dixital de textos galegos da Idade Moderna. Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega". 
  4. No libro Retratos de españoles ilustres, con un epítome de sus vidas (1791).

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar