Magín Froiz

empresario galego

Magín Alfredo Froiz Planes, nado en Barbastro (Huesca) o 14 de decembro de 1943 e finado en Pontevedra o 10 de marzo de 2022[1], foi un empresario galego.

Infotaula de personaMagín Froiz

(2017) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento14 de decembro de 1943 Editar o valor em Wikidata
Barbastro, España Editar o valor em Wikidata
Morte10 de marzo de 2022 Editar o valor em Wikidata (78 anos)
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónempresario Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios

Traxectoria editar

Naceu en Barbastro fillo de pai galego, orixinario do Corpiño (Lalín), que marchou á fronte do Ebro durante a guerra civil española, e casou cunha veciña de Barbastro. A familia regresou a Galiza cando el tiña dous anos. Instalados en Pontevedra, os seus pais rexentaron un posto de carnizaría na praza de abastos. Fixo o bacharelato nun instituto de Pontevedra e traballou nunha empresa construtora. Despois empezou a súa profesión na carnizaría dun pequeno supermercado.

Casou á idade de 23 anos e ao ano seguinte xa era dono do supermercado onde comezara a traballar, facéndose cargo de 12 traballadores.[2]

Empresa editar

Seguiu a tradición familiar do comercio alimenticio, pasando da praza de abastos de Pontevedra a ser o xerente do grupo de alimentación Distribuciones Froiz, fundado en 1968.[2] Ao morrer, a empresa estaba entre as 20 primeiras do sector da distribución alimenticia, con presenza en España e Portugal e con máis de 300 puntos de venda e 5000 traballadores.[3]

Recoñecementos editar

Recibiu a Medalla de Ouro ao Mérito no Traballo en 2017.[4]

Notas editar

  1. Anxo Lourido e Alejandro Espiño (10 de marzo de 2022). "Falece Magín Froiz aos 78 anos". Pontevedra Viva. 
  2. 2,0 2,1 Redacción (10 de marzo de 2022). "Muere el empresario pontevedrés Magín Froiz a los 78 años". atlantico.net (en castelán). Consultado o 12 de marzo de 2022. 
  3. Davila, Nicolás (10 de marzo de 2022). "Muere el empresario pontevedrés Magín Froiz a los 78 años". farodevigo.es (en castelán). Consultado o 12 de marzo de 2022. 
  4. Redacción (10 de marzo de 2022). "Fallece el empresario Magín Froiz, fundador de la cadena de supermercado Froiz". europapress.es (en castelán). Consultado o 12 de marzo de 2022. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar