Barbastro
Barbastro é unha cidade e concello aragonés, pertencente á provincia de Huesca. No ano 2001 tiña 15 053 habitantes. É a cabeza da comarca do Somontano de Barbastro e sede epicopal.
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Aragón | |||
Provincia | Provincia de Huesca | |||
Capital de | ||||
Capital | Barbastro | |||
Contén a división administrativa | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 17.295 (2023) (160,74 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 107,598163 km² | |||
Altitude | 341 m | |||
Comparte fronteira con | ||||
Datos históricos | ||||
Evento clave
| ||||
Organización política | ||||
• Alcalde | Antonio José Cosculluela Bergua | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 22300 | |||
Fuso horario | ||||
Código INE | 22048 | |||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Sitio web | barbastro.org | |||
É unha antiga cidade sita na chaira aragonesa, próxima ao lugar onde o río Vero se xunta co Cinca. Na súa comarca prodúcese un viño acollido á denominación de orixe Viño de Samontano. É un núcleo de servizos e comercio que centraliza a actividade dos vales dos Pireneos orientais.
Historia
editarA cidade identifícase coa antiga Bergidum ou Bergiduna, incluíaa nun principio na provincia da Hispania Citerior, e logo na Tarraconense . Foi unha importante praza forte árabe do Al-Ándalus norte, varias veces tomada e perdida polos cristiáns. En 1101, Pedro I de Aragón tomouna definitivamente. Como cidade episcopal acolleu varios sínodos diocesanos e provinciais. Nalgunha ocasión reuníronse nela as Cortes de Aragón (1134 e 1626). No 1137 casaron aquí a princesa Petronila e o conde de Barcelona, Ramón Berenguer IV, acto polo que ficaron unidos Cataluña e Aragón, para formar o Reino de Aragón.
Durante a Guerra Civil, Barbastro ficou inicialmente dentro do bando republicano, producíndose asasinatos de persoas consideradas do bando oposto, como os mártires de Barbastro. Acabada a guerra, efectuouse unha dura represión de persoas de diversas tendencias republicanas por parte do franquismo.
Patrimonio monumental
editarPor mor do seu pasado histórico, Barbastro goza dun saliente patrimonio arquitectónico, do que cómpre destacar:
- Catedral, edificio tardo gótico ergueito entre 1500 e 1533.
- Pazo Episcopal, dos séculos XVI-XVII.
- Palacio de Argensola, dos séculos XVI-XVII.
- Casa Zapatillas, do século XVIII.
- Igrexa da Santa Fe, do século XVI secolo.
- Igrexa de San Francisco, do século XVI.
- Igrexa do antigo Hospital de San Xulián, do século XVI.
- Igrexa dos Misioneiros, do século XX.
- Santuario da Virxe de Pueyo, do século XIII, sito nun outiro nas aforas da cidade.
- El Almerge, restos dunha igrexa románica da cal se conserva a ábsida e parte dun muro.
Arredores
editarFestas
editar- Festa da Natividade da Virxe, do 4 ao 8 de setembro con corridas, pasacalles e concertos.
- Festa de San Ramon, o 31 de xuño, co o Torno de fuego, no que se acenden fogueiras en todos os barrios.
- Festa del Crespillo, 25 de marzo, fanse doces en todas as casas, que en parte se regalan aos presentes.
- Festival do viño do Somontano, na primeira semana de agosto, do xoves ao domingo.
- Romaría, no Santuario de Nosa Señora do Pueyo, o luns de Pascua, con festa no campo.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Web Oficial (en castelán)
- Historia do barrio do Entremuro (en castelán)
- Meteoroloxía e climatoloxía de Barbastro (en castelán)
- Centro da UNED de Barbastro (en castelán)
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Barbastro |