Río Cinca
O río Cinca é un curso fluvial aragonés, o segundo máis caudaloso da comunidade autónoma. É un afluente do Segre pola súa beira dereita, e polo tanto un subafluente do Ebro.
Cinca | |
---|---|
País | España |
Nacemento | Lago de Pineta |
Lonxitude | 170 km |
Conca | 9.000 km² |
Caudal medio | ? |
Desembocadura | Río Segre (Conca do Ebro) |
Mapa coa conca do Cinca. | |
Percorrido
editarO Cinca nace nos Pireneos, no lago de Pineta a uns 2.500 msnm, baixo o pico de Tres Sorores, na comarca do Sobrarbe. O seu curso toma unha dirección N-S, aínda que vai devalando lixeiramente cara a oriente. Durante o seu curso medio atravesa localidades como Fraga, Monzón e Barbastro. Desauga no Segre á altura da Granja d'Escarp, poucos quilómetros antes da confluencia deste río co Ebro.
Afluentes
editarPola dereita:
Pola esquerda:
Límite lingüístico
editarO curso baixo do Cinca marca, actualmente, a fronteira lingüística entre o catalán e o castelán (no pasado co aragonés). Atravesa localidades importantes da Franja del Ponent (a zona lingüística catalá occidental) como son Fraga e Massalcoreig, a única poboación administrativamente catalá do seu curso.
Explotación
editarNo curso alto do Cinca están situados os encoros de Lo Grau e Mediano
Protección ambiental
editarNo seu curso alto nace dentro do Parque Nacional de Ordesa e Monte Perdido. No lado catalán, a contorna do sistema Segre-Cinca está protexido como Espazo de Interese Natural.