Monzón, Huesca

concello da provincia de Huesca

Monzón é un concello aragonés, pertencente á provincia de Huesca, situado na comarca do Cinca Medio. En 2008 tiña 17.050 habitantes.

Modelo:Xeografía políticaMonzón, Huesca
Monzón (es) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 41°54′00″N 0°11′00″L / 41.9, 0.18333333333333Coordenadas: 41°54′00″N 0°11′00″L / 41.9, 0.18333333333333
EstadoEspaña
Comunidade autónomaAragón
ProvinciaProvincia de Huesca Editar o valor em Wikidata
Capital de
CapitalMonzón (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación17.839 (2023) Editar o valor em Wikidata (115,07 hab./km²)
Xeografía
DioceseDiocese católica latina de Barbastro-Monzón Editar o valor em Wikidata
Superficie155,022476 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude273 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Evento clave
1089Siege of Monzón (en) Traducir
1642siege of Monzon (en) Traducir
19 de maio de 1642Siege of Monzón (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Alcaldesa Editar o valor em WikidataRosa Maria Lanau Morancho Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal22400 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE22158 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webmonzon.es Editar o valor em Wikidata

Xeografía editar

A localidade de Monzón, de 155 km² de superficie, érguese xunto dos ríos Cinca e Sosa, baixo un castelo, que se levanta no alto dun outeiro. Monzón está atravesado pola estrada N-240 e máis polo camiño de ferro Madrid - Barcelona. Posúe importantes industrias químicas.

Historia editar

A cidade espallouse baixo o amparo do castelo, que a domina desde o alto.

Na época de dominación musulmá se disputaban Monzón os Banu Sabrit de Huesca e os Banu Qasi de Lleida. No século XI pertencía á liñaxe dos Banu Hud, sosténdose que foi tomada polo Cid en 1083. Aos cristiáns cumpríalles conquistar Monzón para cortar as comunicacións entre os reinos taifas de Zaragoza e Lleida.

O infante Pedro tomou Monzón en 1089, cando aínda reinaba seu pai Sancho Ramírez de Aragón. Sancho Ramírez creou entón o Reino de Monzón para o infante, o futuro Pedro I, antes de que fose rei de Aragón. En 1143 pasou a pertencer aos templarios.

Durante a Guerra de Cataluña, no reinado de Filipe IV de España, foi tomado no 1642 polas tropas franco-catalás, dirixidas por Philippe de La Motte Houdancourt. No ano seguinte polas tropas castelás de Felipe da Silva.

Nome editar

Sostense que provén de Monte de Sión, nome que serviría para ilustrar as relacións dos templario e as cruzadas en Terra Santa. Porén o nome é anterior a eles. Como outras localidades de Portugal, Italia ou Francia, Monzón provén do latín *MONTIONE(M), un aumentativo / afectivo de monte(m), acusativo de MONS, MONTIS "monte", posibelmente en alusión ao outeiro sobre o que se ergue a fortaleza da localidade.

Monumentos editar

  • O castelo construído polos templarios, sobre unha fortaleza anterior árabe.
  • Catedral de Santa María do Romeral, dos séculos XII e XIII.
  • Convento de San Francisco, habitado até 1835 (actualmente é a sede do Conservatorio Profesional e máis do auditorio de Monzón).
  • Ermida da virxe da Alegría, do século XVII.
  • Casa do Concello, dos séculos XVI-XVII.
  • Porta de Luzán.
  • Muralla románica.

Festas editar

  • San Mateo (Festas Maiores), o 21 de setembro.
  • Luns de Pascua, romaría na ermida de Nosa Señora do Enfuelgo.