Fraga é unha localidade e un concello aragonés, de 12.868 habitantes, situado no extremo sueste da provincia de Huesca, no último treito do Val do río Cinca (a 115 km de Zaragoza e a 25 km de Lleida). O municipio, con 435 km² de área, é un dos máis extensos de España. É cabeza do partido xudicial homónimo e capital da comarca do Baix Cinca. Oficiosamente é considerada a capital da Franja de Ponent.

Fraga, Huesca
Vista xeral de Fraga.
Localización
PaísEspaña España
Comunidade AutónomaAragón
ProvinciaHuesca
ComarcaBajo Cinca
Xeografía
Altitude118 msnm
Superficie437,64 km²
Demografía
Poboación14.834 hab. (2013)
Densidade33,9 hab/km²
XentilicioFragatino, -na
Fraguense
Outros datos
Código postal22520
AlcaldeSantiago Miguel Escandil Solanes (PP de Aragón)
Páxina oficial de Fraga

Clima editar

Fraga ten un clima mediterráneo continentalizado, cunhas temperaturas medias anuais de 14,7 °C e unhas precipitacións medias de 384 mm, que se rexistran na primavera e, especialmente, durante o outono.

Historia editar

O territorio onde se asenta Fraga pertenceu en época prerromana ao pobo ibérico dos ilerxetes. Durante a dominación romana pasaba por aquí a vía que unía Zaragoza con Tarragona. Aínda que se ten defendido que Fraga era cidade dita Colonia Gallica Flavia, non hai probas que o confirmen.

A partir do século VIII a comarca pasou a formar parte do Al-Andalus, e a cidade foi coñecida como Medina Afraga. Foi tomada polos cristiáns, dirixidos por Ramón Berenguer IV o 24 de outubro de 1149.

Xeolingüística editar

Fraga pertence á área lingüística catalá-occidental. O catalán utilízase na cidade e arredores, pero non con igualdade fronte ao castelán que domina. Só moi recentemente se autorizou o ensino de catalán nos niveis primario e secundario.[1]

Economía editar

A cidade constitúe un importante centro do sector servizos, que ocupa un terzo da poboación activa. O sector primario da comarca está especializado no cultivo de froiteiras, especialmente figueiras.

Patrimonio monumental editar

 
Torre dos Frades
  • Igrexa de San Pedro, románica, do século XII, asentada sobre a antiga mesquita.
  • Pazo Montcada, da familia dos señores da cidade.
  • Torre dos Frades, do século XIII, que se coida construída polos templarios.
  • Castelo medieval, coas ruínas da igrexa de San Miguel.
  • Museo Salvador Sabaté, con obra dese pintor catalán, residente na cidade.
  • Nos arredores a romana Villa de Fortunatus.

Imaxes de Fraga editar

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar