Parque Nacional de Ordesa e Monte Perdido
O Parque nacional de Ordesa e Monte Perdido (en aragonés: Parque Nacional d'Ordesa y d'as Tres Serols) está situado no Pireneo central de Huesca, comarca do Sobrarbe, Aragón (España), e está catalogado como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. Actualmente ocupa unha superficie de 15.608 ha. Abrangue os concellos de Bielsa, Fanlo, Puértolas, Tella-Sin, Torla-Ordesa e Broto. Recibe unha media de máis de 600 000 visitantes cada ano.
Pireneos - Monte Perdido | |
---|---|
Vista do Monte Perdido | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | ![]() ![]() |
Localización | 42°40′26″N 0°02′00″L / 42.67389, -0.03333 |
Tipo | Mixto |
Criterios | III, IV, V, VII, VIII |
Inscrición | 1997 (21ª sesión, ext 1999) |
Rexión da UNESCO | Europa e América do Norte |
Identificador | 773 |
O parque goza de diferentes figuras de protección ademais da de Parque Nacional, xa que en 1977 foi declarado Reserva da Biosfera, en 1988 Zona de especial protección para as aves e en 1997 acadou a distinción de Patrimonio da Humanidade pola Unesco.[1] Tamén é un Lugar de importancia comunitaria.
HistoriaEditar
É o segundo parque nacional máis antigo de España, declarado o 16 de agosto de 1918 mediante o Real Decreto 16-08-1918 baixo o nome de Valle de Ordesa.[2] O 13 de xullo de 1982, coa lei 52/1982, ampliouse o Parque e reclasificouse co nome actual.[3]
TurismoEditar
1996 | 1997 | 1998 | 1999 | 2000 | 2001 | 2002 | 2003 | 2004 | 2005 | 2006 | 2007 | 2008 | 2009 | 2010 | 2011 |
624 510 | 601 500 | 603 004 | 624 263 | 635 876 | 657 045 | 622 014 | 619 700 | 582 800 | 592 100 | 616 700 | 617 950 | 616 600 | 617 500 | 614 059 | 621 500 |
Datos extraídos da web do ministerio de Medio Ambiente[4] |
Galería de imaxesEditar
NotasEditar
- ↑ "El patrimonio vegetal del parque nacional de Ordesa y Monte Perdido (España), reserva MaB de la biosfera y Patrimonio Mundial de la Humanidad" (PDF). Consultado o 16 de novembro de 2015.
- ↑ "Real Decreto, de 16 de agosto de 1918, de declaración del Parque Nacional Valle de Ordesa, o del río Ara." (PDF). Gaceta de Madrid. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de xuño de 2012. Consultado o 16 de novembro de 2015.
- ↑ "Ley 52/1982, de 13 de julio, de reclasificación y ampliación del parque Nacional de Ordesa y Monte Perdido.". BOE. Arquivado dende o orixinal o 23 de xaneiro de 2016. Consultado o 16 de novembro de 2015.
- ↑ "Ministerio de Medio Ambiente". Arquivado dende o orixinal o 17 de febreiro de 2012. Consultado o 16 de novembro de 2015.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Parque Nacional de Ordesa e Monte Perdido |
BibliografíaEditar
- BENITO ALONSO, José Luis (2006). Vegetación del Parque Nacional de Ordesa y Monte Perdido (Sobrarbe, Pirineo central aragonés). 421 pp + Mapa de vegetación 1:40.000. Zaragoza: Serie Investigación, nº 50. Consejo de Protección de la Naturaleza de Aragón. Gobierno de Aragón. ISBN 84-89862-54-0.
- BENITO ALONSO, José Luis (2006). Catálogo florístico del Parque Nacional de Ordesa y Monte Perdido (Sobrarbe, Pirineo central aragonés). Lérida: Colección Pius Font i Quer, n.º 4. 391 pp. Institut d'Estudis Ilerdencs. Deputación de Lleida. ISBN 84-89943-88-5.
- BENITO ALONSO, José Luis (2009). Guía imprescindible de las flores del Parque Nacional de Ordesa y Monte Perdido. Jaca (Huesca): Colección Guías imprescindibles de flora, 1. 96 pág. a color. Jolube Consultor Botánico y Editor. ISBN 978-84-937291-0-3.
Ligazóns externasEditar
- Sitio web oficial do Parque Nacional do Ministerio de Medio Ambiente (en castelán)
- Guía do visitante - Rede de Parques Nacionais (en castelán)
- Guía do Parque - Rede de Parques Nacionais (en castelán)
- Parque nacional de Ordesa e Monte PerdidoArquivado 17 de novembro de 2015 en Wayback Machine. na Rede Natural de Aragón. (en castelán)
- Parque Nacional de Ordesa e Monte Perdido. (en castelán)
- Rutas Parque Nacional de Ordesa e Monte Perdido (en castelán)