Banquete de Conxo
O Banquete de Conxo, tamén coñecido como Banquete Democrático de Conxo, tivo lugar o 2 de marzo de 1856 na carballeira do antigo mosteiro do concello de Conxo, integrado dende 1925 no concello de Santiago de Compostela. O banquete foi organizado polos estudantes liberais en homenaxe ao terceiro estado, e constituíu un xesto de irmandade entre a clase traballadora e os estudantes.
Características
editarCoincidindo co décimo aniversario dos Mártires de Carral (a sublevación de militares galegos contra o ditador Narváez que acabou co fusilamento de todos eles),[1] os organizadores do banquete buscaban promover unha xuntanza interclasista na que estivesen presentes estudantes e artesáns.[2] O acto suscitou o enfado dos sectores máis poderosos da Compostela da época.[3] Funcionou como un atentado contra o esquema social tradicional preconcibido, de modo que estudantes (de clases podentes, a maioría) e artesáns compartiron pan e mesa.
Organizado entre outros por Luís Rodríguez Seoane (que daquela tiña 19 anos de idade), sábese que ao banquete asistiron Aurelio Aguirre (22 anos) e Eduardo Pondal (21 anos). Alí recitaron, os tres, uns versos en castelán da súa autoría.[4] O brinde de Pondal foi publicado por La Oliva 24 días despois do banquete, o día 26 de marzo,[5] e de novo tralo seu pasamento, en 1917, no Boletín de la Real Academia Gallega.[6]
O Banquete de Conxo converteuse nun acontecemento de grande importancia simbólica e real dentro da historia de Galicia, transformándose nunha parte significativa da memoria colectiva. De aquí xurdirá a xeración que logo vai promover o Rexurdimento pleno da cultura galega.[7].
Aínda se especula se a poeta galega máis recoñecida, Rosalía de Castro, que nesa altura tiña 19 anos, estivo presente ou non, ao ser natural da vila e emigrar a Madrid cando comezaron as represalias contra os participantes do mesmo[8].
En Santiago de Compostela o nome dunha rúa conmemora o evento: Rúa do Banquete de Conxo.
En 2021 o grupo musical Verto incluíu un debuxo alegórico do banquete na portada do seu álbum Embora, deseñada por Mundo X.[9]
No 2022, o 'Carballo do bosque do banquete de Conxo' compite na competición de 'árbore europea do ano'.[10]
Galería de imaxes
editarNotas
editar- ↑ Parque Fluvial de Santiago Arquivado 20 de setembro de 2020 en Wayback Machine. Concello de Santiago de Compostela.
- ↑ "Banquete de Conxo". Diccionario enciclopédico galego universal 7. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 108. ISBN 84-7680-429-6.
- ↑ Rey, Raquel (30/03/2009). "Revivimos o Banquete de Conxo". A Nosa Terra. Archived from the original on 02/04/2009. Consultado o 12/4/10.
- ↑ 4,0 4,1 Gacía, Monse (5/1/2017). "Hallan el «brindis» que faltaba del Banquete de Conxo de 1856". La Voz de Galicia (Santiago de Compostela). Consultado o 5/3/2017.
- ↑ "Brindis. Pronunciado en el célebre banquete que tuvo lugar en Santiago entre estudiantes y artesanos" La Oliva. A. I, n.º 16. 26/3/1856 (en castelán).
- ↑ Pondal, E. (1917). "Brindis pronunciado en el banquete democrático de Conjo en 6 de Marzo de 1856". Boletín de la Real Academia Gallega (en castelán) (116): 204–205. Arquivado dende o orixinal o 11 de abril de 2018. Consultado o 05 de agosto de 2020.
- ↑ "Os últimos carballos do Banquete de Conxo" Arquivado 07 de agosto de 2020 en Wayback Machine.. Alvarellos Editora
- ↑ Rosalia de Castro (1837 - 1885) Biografía na Biblioteca Virtual Galega.
- ↑ Rocktotal.com 18/4/2021 (en castelán).
- ↑ "European Tree of the Year – Oak of Conxo's Banquet Forest". www.treeoftheyear.org. Arquivado dende o orixinal o 19 de febreiro de 2022. Consultado o 2022-02-19.
- ↑ "Brinde de Pondal no Banquete de Conxo". Real Academia Galega. 6/3/13.
- ↑ "Localizan en el Museo de Pontevedra un manuscrito inédito con 50 poemas de Aurelio Aguirre" Pontevedra Viva, 24/4/2013.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- "Banquete de Conxo". Diciopedia do século 21 1. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 272. ISBN 978-84-8288-942-9.
- "Banquete de Conxo". Enciclopedia Galega Universal 3. Ir Indo. 1999-2002. p. 80. ISBN 84-7680-288-9.
- Iglesias Amorín, Alfonso (2018). O Banquete de Conxo de 1856. A confraternización como símbolo (PDF). Coñecer n.º 8. Concello de Santiago.
- Alonso Montero, Xesús (2005). "Banquete Democrático de Conxo". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- Barreiro Fernández, X. R. (1981). Historia de Galicia IV. edade contemporánea. Historia. Editorial Galaxia.
- Martínez, Singul, Souto e Estrada (2019) [2016]. H. Alvarellos, ed. Os últimos carballos do Banquete de Conxo (2ª ed.). Alvarellos. ISBN 978-84-16460-64-9. Arquivado dende o orixinal o 07 de agosto de 2020. Consultado o 04 de agosto de 2020.
- Vicenti, Alfredo (30/9/1879). "Historias Literarias. Aurelio Aguirre". La Ilustración Gallega y Asturiana (en castelán) (27): 323–324. Arquivado dende o orixinal o 07/08/2020. Consultado o 05/08/2020.
- Vilavedra, Dolores, ed. (2004). Diccionario da literatura galega. Termos e institucións literarias IV. Vigo: Editorial Galaxia. pp. 343–345. ISBN 84-8288-656-8.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Banquete de Conxo |
A Galifontes posúe textos orixinais acerca de: Banquete de Conxo na súa lingua orixinal |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- "Aniversario do Banquete de Conxo" Real Academia Galega. 25/2/2014.
- "Compostela recupera o Banquete de Conxo", Culturagalega.gal. CCG. 11/4/2018.